Páginas

miércoles, 23 de enero de 2019

ATENCIÓN TEMPERÁ



A atención Temperá en Galicia  ten, a partir deste Protocolo, vieiro de equidade, de inclusión de compensanción das desigualdades (Título II Lomce).
Tal como aparece expresado na introducción do propio documento " a transcendencia dos cambios sociais e a experiencia acumulada ao longo dos derradeiros anos sinalaron a conveniencia de asumir un novo concepto de atención temperá, baseado nos dereitos dos nenos e nenas, na igualdade de oportunidades e na participación social. Un concepto, ademais, centrado nas necesidades da familia e na prestación dos servizos nos contornos naturais da vida destes nenos e nenas. A aplicación do Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede Galega de atención temperá, significou un punto de inflexión na consideración na atención temperá, por facer realidade un espazo compartido de coordinación e corresponsabilidade entre o sistema de saúde, o sistema educativo e os servizos sociais". A intervención vai ser interdisciplinar xa que se integran os servizos sanitarios, os servizos sociais e o sistema educativo.
 Para  poder descargalo debedes escanear o Código QR ou ben premer no seguinte enlace