▼
▼
Páginas
▼
lunes, 31 de diciembre de 2018
POEMAR O MAR
Atréveste a ler e a escribir co texto de POEMAR O MAR de GARCÍA TEIJEIRO
Poderedes invertar, crear diálogos, ilustrar, contar palabras, identificar palabras curtas e longas, gravar ou falar sobre o que estarían pensando as personaxes,...
POESÍA QUERE O MAR
domingo, 30 de diciembre de 2018
CALENDARIO COMPETENCIAL XANEIRO 2019
O mércores 19 presentouse no CEIP PINTOR LAXEIRO os calendarios competenciais de E.P. e de E.I. para o ano 2019.
PRESENTACIÓN
Xa rematou o ano 2018 e o ano 2019 trae as sorpresas mensuais de cine, literatura, tarefas corresponsabeis, propostas de receitas saudables, planificación de gastos, roteiros pola contorna, ceas en familia, debates en familia sobre temáticas diversas,...
PRESENTACIÓN
Xa rematou o ano 2018 e o ano 2019 trae as sorpresas mensuais de cine, literatura, tarefas corresponsabeis, propostas de receitas saudables, planificación de gastos, roteiros pola contorna, ceas en familia, debates en familia sobre temáticas diversas,...
EDUCACIÓN INFANTIL
Mes de xaneiro 1
Mes de xaneiro 2
martes, 25 de diciembre de 2018
POEMAS BIROLLOS PARA LER COS OLLOS
Atréveste a ler e a escribir co texto de POEMAS BIROLLOS PARA LER COS OLLOS de FRAN ALONSO.
Poderedes invertar, crear diálogos, ilustrar, contar palabras, identificar palabras curtas e longas, gravar ou falar sobre o que estarían pensando as personaxes,...
POEMAS BIROLLOS PARA LER COS OLLOS
miércoles, 19 de diciembre de 2018
CALENDARIOS COMPETENCIAIS 2019
Hoxe preséntanse no CEIP PINTOR LAXEIRO de Vigo os calendarios competenciais que deseña e crea o Dto. Orientación do CRA MESTRA CLARA TORRES de Tui e que se editan e imprimen coa colaboración da DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Son uns calendarios “COMPETENTES” para facer posible o
principio da EDUCACIÓN COMO TAREFA COMPARTIDA, EDUCACIÓN COMO COMPROMISO.
Non é novo que a educación
debe sustentarse en tres piares fundamentais: A FAMILIA, A ESCOLA e a SOCIEDADE.
Coas transformacións
sociais actuais urxe dotar ás familias de estratexias para o desenvolvemento de
competencias básicas na contorna social, cultural e familiar.
Deste xeito as familias
serán co-partícipes activas do proceso educativo
dos fillos e das fillas.
E o esforzo compartido
que se preconiza dende a LOE 2/2006 e a LOMCE 8/2013 será unha realidade
A finalidade será dinamizar
aprendizaxes funcionais para a vida.
Por outra parte, o medio social, natural, cultural é o mellor recurso curricular para aprender, para pensar, para pescudar, …
O fío conductor será a visibilidade da importancia da muller na sociedade deste século en diferentes ámbitos:
-ciencia
-cine
-literatura
-fotografía
-música
-xornalismo,...
Tamén as propostas de Literatura infantil , xuvenil e de adultos estará escrita por mulleres.
As propostas de cine xiran en torno a historia de mulleres e/ou dirixida por mulleres.
Todas as propostas serán o referente para a práctica educativa e o paradigma
educacional debe ser o de aprender a aprender e aprender
facendo.
No calendario aparecen propostas de
aprendizaxe colaborativo, corresponsable, de lecer con andainas, buscas do tesouro , de educación
ambiental con reciclado, consumo responsable de luz e auga,
suxerencias de lectura e cine,
pautas para o desenvolvemento exitoso da fala e da
linguaxe, a atención,
a percepción, deseño de cronograma de tarefas corresponsabéis no fogar, educación para
a saúde con creación de menús saudables,
corresponsabilidade no fogar, valores, percepción e discriminación visual e auditiva, debates en familia sobre temáticas diversas,...
Dende o proceso de e-a poderase
contribuír a mellorar esta competencia sempre que se permita imaxinar,
emprender accións, desenvolver proxectos individuais ou colectivos con
creatividade, confianza e responsabilidade. O paradigma educacional sobre a forma de aprender e de ensinar non se
debe a acumulación de coñecementos,
senón o desenvolvemento das posibilidades que posúe calquera das nosas alumnas
e alumnos mediante fórmulas «de saber» e «de facer» contextualizadas á vida
cotiá.
O noso desexo é que estes calendarios
favorezan o desenvolvemento físico, afectivo,
social e intelectual de fillos e fillas, pais e
nais e demáis membros da familia dun xeito divertido, comprometido e en
familia.
Agradecer a colaboración e implicación de mestras e mestres que fan posible que tamén se desenvolvan estas actividades nas aulas.
Estes calendarios non serían posible sen o apoio incondicional da DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA e de @maisqueideas
martes, 18 de diciembre de 2018
LENDO E ESCRIBINDO CON: PASENIÑO, PASENIÑO (BUSCO NA PRAIA TRES CARACOLAS)
Este libro é un libro de poemas do poeta ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO.
O
poema titúlase: BUSCO NA PRAIA TRES CARACOLAS. Na poesía buscaremos versos,
palabras, estrofas, inventaremos títulos, indagaremos sobre as caracolas, ...
Tamén poderás resolver moitos RETOS.
Atréveste a mergullarte coas caracolas?
lunes, 17 de diciembre de 2018
RODANDO
En decembro tamén o calendario competencial realiza propostas de cine. Cine que nos reflicte historias, cine que nos mira.
As propostas para espectadores infantís son:
Cine para adultos:
A sentir! A emocionarse!
As propostas para espectadores infantís son:
Cine para adultos:
A sentir! A emocionarse!
LER, LER, LER
As propostas para ler neste mes de Nadal que aparecen no CALENDARIO COMPETENCIAL son:
LITERATUTA E. INFANTIL
LITERATURA PARA E. PRIMARIA
LITERATURA DE ADULTOS
Lembrade que a lectura dun libro promove imaxiñar, soñar, sentir, emocionarse, rir, ...
LITERATUTA E. INFANTIL
LITERATURA PARA E. PRIMARIA
Lembrade que a lectura dun libro promove imaxiñar, soñar, sentir, emocionarse, rir, ...
sábado, 15 de diciembre de 2018
TECENDO AS REDES DAS INTERACCIÓNS NOS CENTROS EDUCATIVOS
O papel que teñen as familias na educación dos seus fillo se fillas e innegable e insustituible.
Pero os fillos e fillas non veñen con manual de instruccións e, por este motivo, é necesario promover accións e estratexias para guiar esa educación. Os departamentos de Orientación dos centros educativos e os E. Directivos deben ser os encargados de posibilitar estas accións.
Se queredes saber máis sobre diferentes aspectos que promovan un aprenndizaxe das familias e do profesorado sobre:
- REALIDADE SOCIAL, PERSOAL, ESCOLAR, EMOCIONAL DAS FAMILIAS NO S. XXI
- QUE DEBEN APRENDER FILLOS E FILLAS/ALUMNOS-ALUMNAS entre os 6-12 anos?: Piares da educación: aprender a coñecer, a facer, a convivir e a ser. Farei fincapé na importancia de aprender a vivir xuntos (Intelixencia interpersoal) e a ser (intelixencia intrapersonal-emocional). Consciencia emocional, autocontrol e autorregulación, autoestima, autoconcepto, autopercepción,..
- ESCENARIOS DE APRENDIZAXE
- QUEN EDUCA? EDUCACIÓN versus INSTRUCCIÓN: finalidade da educación familiar, compoñentes das aprendizaxes. Rol parental.
- DEBERES E DEREITOS DAS FAMILIAS CON RESPECTO AO E. DIRECTIVO, E. DOCENTE, D. ORIENTACIÓN: respectar, a dar información, a participar, a coñecer e apoiar o proceso educativo dos fillos e fillas, coñecer aos seus fillos, preocuparse por coñecer o funcionamento do centro, colaborar na mellora da convivencia e na prevención de conductas contrarias á convivencia, ...
- DEBERES E DEREITOS DO EQUIPO DOCENTE CON RESPECTO ÁS FAMILIAS: a escoitar, a respectar, a guiar, a orientar, a formar,...ao alumnado e as familias.
- NORMAS E REGRAS PARA A CONVIVENCIA DA COMUNIDADE EDUCATIVA: deberes e dereitos, asunción de responsabilidades, rol de cada membro
- ESTILO EDUCATIVO PARENTAL POSITIVO, CREATIVO E ASERTIVO: diálogo familiar, unificación de criterios, escoita activa, afecto, empatía, amor, tranquilidade, coherencia, ...
- ESTRATEXIAS PARA A RESOLUCIÓN DE CONFLICTO
- CONSENSO FAMILIA-PROFESORADO NA RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS
Descargade o seguinte CÓDIGO QR
martes, 11 de diciembre de 2018
LENDO E ESCRIBINDO CON: LUEIRO DE PAPEL
A poesía elexida deste libro do poeta ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO titúlase LÚA NENA.
Indagarase sobre que é a lúa, buscaremops palabras para rimar, inventaremos diálogos, contaremos versos e palabras de versos,... e tamén teremos RETOS.
Animádesvos a viaxar coa lúa?
LÚA NENA
martes, 4 de diciembre de 2018
INTELIXENCIAS MÚLTIPLES: UNHA MODA PASAXEIRA?
Nos derradeiros anos, no ámbito educativo, andamos ás voltas coas Intelixencias Múltiples. A cuestión radica se cremos que existe unha única intelixencia ou varias. Se os seres humanos teñen unha única capacidade ou diferentes capacidades. As capacidades veñen determinadas polas posibilidades de interacción e de aprendizaxe que se realicen. En cantos ambientes ou escenarios de aprendizaxe desenvolvemos a nosa vida. a investigación, a indagación, a resolución de problemas, a experimentación favorecen o desenvolvemento de capacidades diversas.
PARA SABER MÁIS:
XOGOS E XOGUETES
Todas
as nenas e nenos teñen a necesidade de xogar e divertirse. Os xoguetes e os
libros son instrumentos que posibilitan o dereito ao xogo na infancia de nenas
e nenos.
Xogar favorece o
desenvolvemento cognitivo, afectivo-emocional, social e motriz.
Xoguetes e libros favorecen a súanecesidade de
moverse, curiosear, crear, relacionarse, expresarse, intercambiar vivencias,
accións e pensamentos. En definitiva, a súanecesidade de estar e de vivir no
mundo. Aomesmo tempo, os xogos, juguetes e contos son instrumentos que
socializan, que estimulan a comunicación, que serven para a evolución social,
individual e social, inculcan ideas, crenzas, valores sociais, expectativas,
necesidades, ofrecen modelos de actuación, ensinan a solucionar conflitos,
esbozan un mundo máxico e proporcionan unhafonte de imaxinación e
creación. Xogar con xoguetes ou ler un
libro son un medio imprescindible para promover e favorecer a educación das emocións,
dous afectos, a fantasía, a creatividade, linguaxe, articulación, as relacións,
a discriminación visual, desenvolvemento do control corporal, relación co espazo,
Todos estes elementos inflúen profundamente na
construción da personalidade e identidade das persoas nas súas primeiras etapas
de vida. Por iso, debemos ser conscientes do importante papel que desempeñan
xogos, xoguetes e contos no desenvolvemento de nenas e nenos.
QUÉ
DEBEMOS PREGUNTARNOS ANTES DE ELEXIR UN XOGUETE?
·
Que ou cales son as
capacidades que pon en actividade.
·
Que imaxes ofrece a
caixa, o envoltorio ou a publicidade do xogo.
· Cal é o motivo polo
que o noso fillo ou filla pediunos ese xogo ou xoguete: moda, procura de
aprobación do grupo, cores, anuncio rechamante...
·
Que roles ofrece
desenvolver o xogoou o xoguete.
·
Que valoración ofrece o propio xogo/xoguete dos
roles que ofrece (positiva/negativa).
·
Que representación
simbólica mediante imaxes ou sons teñen as figuras masculinas e femininas.
GUÍA
PARA O DESENVOLVEMENTO INTEGRAL DE NENAS E NENOS
Os xoguetes que elixamos, deben ser adecuados ás súas
idades e deben permitirlles o desenvolvemento das capacidades asociadas á súa idade.
Se ademáis queres estimular un aspecto concreto como o movemento, a linguaxe, a
creatividade ou a memoria, débense ter en conta que obxectivos traballa o xoguete.
A elección do xogo e o xoguete ten unha gran importancia.
Outro aspecto a ter en conta é que o xogo
compartido cos adultos e con outras nenas e nenos favorece que aprendan
a negociar, consensuar, tomar decisións e iniciativas, ceder
e compartir responsabilidades. Inventar xogos con eles e amosarlles
os nososxogos favoritos da infancia resulta imprescindible para crear vínculos
afectivos con eles.
Co xogo as nenas e nenos asimilan os valores da
familia, vivencian a autorregulación e o control da conducta, aprenden
as regras da sociedade e, en definitiva, acadan pouco a pouco o desenvolvemento
da súa vontade, a autonomía e a expresar os seus sentimentos.
É necesario tamén facer fincapé en que debemos
ensinarlles a recoller e gardar os xogos e xoguetesdespois de úsalos e
hai que colaborar con eles nestatarefa.
ALGUNS
ASPECTOS PARA TER EN CONTA NA ELECCIÓN DUN XOGUETE
·
Que poidan xogar
con el nenas e nenos indistintamente.
·
Que evite a
transmisión de estereotipos sexistas e non potencie a violencia.
·
Que facilite poder
xogar coas demais persoas, a comunicación entre os e as participantes e que
fomente as relacións entre iguais.
·
Que favoreza a axuda entre iguais e non a rivalidad
nin a competitividad.
·
Que o xogo evite a
competitividade esaxerada, non fomente a agresividade e facilite as relacións
entre nenas e nenos.
·
Que potencie
relacións cooperativas de axuda, que se poida alcanzar un mesmo obxectivo ou
propósito entre todos e todas (pasalo ben)
·
Que con el poida xogar
calquera neno e/ounena e non só quen teña habilidades moi específicas (que non
exclúa a ninguén).
·
Que sexa divertido,
motivador e que esperte o desexo de xogar.
·
Que desenvolva a imaxinación
e a creatividade.
·
Que estimule a
súacuriosidade, o seu interese por investigar e que permita á nena ou o neno
descubrir novas posibilidades no xogo.
·
Que potencie a capacidade de pensar e a resolución
de problemas.
EXEMPLIFICACIÓN
DE XOGUETES E XOGOS:
XOGOS
E XOGUETES FAVORECEDORES DA SOCIALIZACIÓN:
-xogos
de mesa: parchis, oca, lince, memory, naipes, dominó,...
XOGUETES
PARA O MOVEMENTO
-patíns,
triciclos, bicicletas, monopatíns, ...
XOGOS
E XOGUETES PARA A CONSTRUCCIÓN
XOGUETES
PARA O XOGO SIMBÓLICO E IMITACIÓN DE ROLES (empregados por nenas e nenos):
casiñas, supermercado, carpintería, talleres de mecánica, costureiras, garaxes,
bonecas, médicas e médicos, granxas, disfraces,…
XOGOS
DIDÁCTICOS: desenvolven determinadas habilidades, competencias ou procesos
psicolóxicos como a atención, memoria, percepción visual, auditiva, razonamento, habilidades sociais: memorys, ensartables,
encaixables, dominós, lotos, bingos, contos, quebracabezas,...
XOGUETES
MUSICAIS que favorecen o ritmo e a percepción auditiva: pandeiretas, guitarras,
teclados, xilófonos, baterías,...
XOGUETES
CON MATERIAL DE REFUGALLO: trens con briks de leite, bonecas e bonecos con
caixas ou cartóns, coches con caixas de zapatos, monicreques con calcetíns vellos
de cores,...
XOGOS
ELECTRÓNICOS: xogos de ordenador, tablet, robot,... pero usados con
"sentidiño" e moderación e coa
supervisión dos adultos para facer un xogo compartido.
Xogade
e disfrutade moito xogando cos vosos fillos e fillas!