Páginas

lunes, 2 de julio de 2018

CALENDARIO COMPETENCIAL XULLO 18


Xa estamos no verán e non queremos deixar de ofrecer ás familias propostas de aprendizaxes funcionais, contextualizados e situados para desenvolver cos fillos e fillas.
Lembrade que as familias son os primeiros responsables da educación dos fillos e fillas.
O CALENDARIO COMPETENCIAL DE XULLO 2018 pretende axudar a desenvolver a competencia lingüística e tamén a intelixencia Lingüística verbal, a competencia matemática e competencia en ciencias e tecnoloxía xunto coa intelixencia lóxica-matemática,  dinamiza o aprender a aprender, estimula habilidades para ter iniciativa, etc.
Amáis visibiliza a necesidade de conversar, argumentar, reflexionar, valorar, interpretar, estimar,...
Coas propostas farase posible que existan situacións de aprendizaxes ricas, dinámicas, creativas, contextualizadas a modo de paisaxes de aprendizaxe.
Ten como temática de igualdade a visibilización das MULLERES  no eido da LITERATURA.
Existen propostas de lectura e de cine para nenas e nenos de E. Infantil e de E. PRIMARIA e para as familias.