Páginas

viernes, 4 de mayo de 2018

MEMORIA, ATENCIÓN E ORIENTACIÓN ESPACIAL





ATENCIÓN, MEMORIA E ORIENTACIÓN ESPACIAL
As pautas metodolóxicas aportadas  pretender acadar 3 obxectivos:
·        - prevención
·        - recuperación
·         -enriquecemento

A continuación, referenciaremos algunhas cuestións teóricas que fan referencia a procesos psicolóxicos ou funcións cognitivas:
A ATENCIÓN
A atención é un proceso de certa complexidade par definir. é unha función cerebral superior, responsable de preparar o sistema cognitivo para percibir, dirixir a intención e actuar. en todo este proceso, a atención cumpre funcións diversas:
·         manter un estado de alerta
·         atender a estímulos relevantes e ignorar os que non cumpren con esa regla
·         concentrarse nas tarefas
·         ter en conta as instruccións recibidas para exercutar tarefas
·         preparar respostas axeitadas
·         manter a concentración por un periodo de tempo axustado
No contexto escolar, a  ATENCIÓN é un requisito necesario para que o proceso de aprendizaxe sexa exitoso.
Algunha das CARACTERÍSTICAS MÁIS RELEVANTES do alumnado con dificultades para unha atención sostida son:
·         Non atenden en situacións de escoita e/ou asembleas
·         Non reciben a información relevante
·         Non reteñen as instruccións das tarefas ainda secuenciadas
·         cometen erros na realización das tarefas ainda que as comprendan
·         situacións de non escoita e distraccións continuas
·         centran a súa atención en estímulos non relevantes e ignoran os que sí son
·         cústalles atender a varios estímulos á vez
·         teñen dificultades para manter a atención durante un tempo prolongado
Pero o máis importante é que a atención pode desenvolverse e estimularse e as súas dificultades non son permanentes.
Para a estimulación da atención podemos desenvolver actividades, tarefas e exercicios, ...que que teñan en conta o spam atencional (amplitude de estímulos aos que se poden atender), atención selectiva ou focal (atendese a un estímulo e ignórase outro) e atención serial (buscar estímulos repetidos entre outros que fan de distractores) e se traballarían a partir de estímulos visuais.
Algúnha exemplificación de tipos de exerciciós serían:
·         Emparellar imaxes iguais
·         Sinalar as imaxes iguais á primeira
·         Identificar parellas iguais
·         Discriminar as imaxes que son iguais ao modelo
·         Sinalar imaxes diferentes nunha fila ou columna
·         Discriminar sons de instrumentos ou da vida cotiá
·         Identificar determinado son entre moitos
A MEMORIA
A memoria é a función cognitiva responsable de almacenar e recuperar a información. Estase dando moita importancia á memoria de traballo que non é máis que  unha función  executiva e dun tipo de memoria a corto plazo encargada de manter e manipular temporalmente a información necesaria para realizar unha determinada tarefa, similar á MEMORIA RAM dos equipos informáticos.
A MEMORIA ten unha especial implicación nas aprendizaxes condicionando o proceso de ensinanza. A memoria promove e favorece as seguintes cuestiópns:
·         Reter as instruccións orais ou as pautas en audios
·         Recordar información obtida dos contos ou das historias
·         Realizar operacións mentais
·         Realizar actividades de forma autónoma
·         Explicar o proceso desenvuelto para a realización dunha tarefa (pode empregarse pictogramas, imaxes, debuxos,…)
·         Observar a posición de obxectos-letras-formas xeométricas,..e ser quen de colocalas nunha táboa na mesma posición ou lugar
A maioría das veces, o alumnado ten dificultades de MEMORIA cando manipulan estímulos auditivos, visuais ou rítmicos polo que teremos en conta estes ámbitos á hora de deseñar exemplos de tarefas:
·         Memoria visual a través de debuxos: presentamos lámina con imaxes durante un tempo determinado 30-35” e traballamos o vocabulario. A continuación, retiramos a lámina e deben recordar a s imaxes
·         Memoria auditiva de palabras: nomeamos palabras (2-3-4,…) unha por segundo maís ou menos e o alumnado debe repetila na mesma orde.
·         Memoria auditiva de números: o alumno-a repetirá os números escoitados previamente
·         Memoria auditiva de ritmos
·         Memoria de estímulos táctis: o adulto cun lápiz toca diferentes partes do corpo (2-3-4,…) e o alumno-a deberá recordar a secuencia.
·         Memoria motriz a través de xestos: o adulto executa unha serie de xestos e o alumno-a debe repetilos na mesma orde
·        Memoria espacial: o adulto sinala unas imaxes nunha determinada orde e o alumno-a deberá sinalalos na mesma orde.

ORIENTACIÓN ESPACIAL
A orientación espacial é unha capacidade intelectual implicada na percepción e o procesamento de estímulos relacionados coa súa posición e distribución no espacio. É unha capacidade que ten valor por sí mesma e que é necesaria para saber adaptarse ao medio e poder sobrevivir.
Por outra parte, a orientación espacial está implicada na adquisición e dominio de procesos de aprendizaxe básicos como lectura, escritura, numeración, cálculo,…
O alumnado con dificultades na orientación espacial presentan alguna das seguintes síntomas:
·        - Confunden  dereita e esquerda, arriba-abaixo, diante-detrás,…
·         -Cústalles imitar os xestos que fai unha persoa diante deles
·        - Dificultade para realizar debuxos formados por figuras xeométricas
·         -Dificultade para a realización de puzles ou construccións
·        - Dificultade para organizarse no folio ou ficha
·        - Inversión de números, letras, confusión de letras similares (p-b, m-n, d-p,…)

Os ámbitos que deben ser traballados son:
·         -Integración do esquema corporal
·        - Posición no espazo
·         -Estructuración e organización espacial
·         -Habilidades visomotoras
·        - Análise visual
·         -Praxias constructivas

Actividades:
 -escoitar audios e expresar oralmente o que acaba de escoitar
-realizar autoinstruccións
-observar imaxes aparentemente iguais e localizar diferenzas
-escoitar audios e executar as instruccións
-observar páxinas e, sen mirar, expresar oralmente o que acaba de observar
-reproducir a colocación de bloques lóxicos seguindo instruccións,...
-repetición de números ou letras,...