Páginas

martes, 1 de mayo de 2018

AMBIENTES OU CONTEXTOS DE APRENDIZAXE


En múltiples entradas deste blog falamos da necesidade de adecuar e dar resposta á diversidade de motivacións, intereses, capacidades, habilidades, ritmos e estilos de aprendizaxe do alumnado (art. 3 D. 229/2011). Tamén que era necesario deseñar secuencias tendo como referente unha planificación multinivel para que exista un DUA, un CONTEXTO de APRENDIZAXE UNIVERSAL.
Un DUA integra planificación curricular pero tamén metodoloxías dinámicas, inclusivas, cooperativas, participativas, flexibles, ... e un AMBIENTE DE APRENDIZAXE que integre espazos e recursos como oportunidade de aprender, de vivir, de convivir,...
Este tipo de espazos favorecen e promoven a indagación, a pescuda, a experimentación, o descubrimento, a autonomía, a iniciativa, a toma de decisións, o aprender a aprender,...pero  tamén o desenvolvemento de modos de pensamento diversos (creativo, analóxico, analítico, sistémico, deliberativo,...) e, por suposto, as IIMM.
Para que teñades máis información deixo un enlace dunha experiencia na Comunidade Valenciá:

 CUANDO EL ESPACIO SE CONVIERTE EN EL TERCER MAESTRO

Tamén resulta importante ter en conta que os contidos a traballar son un dos elementos curriculares que poden favorecer a resposta á diversidade pois poden ser secuenciados a través dun plantexamento multinivel.
O profesor JOSÉ BLAS GARCÍA así o establecé no seguinte artigo:
LOS CONTENIDOS COMO CONTINENTE?