Páginas

domingo, 8 de abril de 2018

INTELIXENCIA CORPORAL-CINESTÉSICA


Hoxe o percorrido polas intelixencias continúa coa INTELIXENCIA CORPORAL-CINESTÉSICA.
Esta intelixencia consiste en ter habilidade para implicar o corpo na resolución de problemas, para transformar ou manipular, para representar e expresar co corpo, para comunicar mensaxes a través da expresión corporal,  para ter consciencia corporal  e empregar o corpo para expresar emocións e sentimentos,  para desenvolver accións motrices, coidar o corpo con alimentación saudable e con actividades ao aire libre,...
Algunhas das actividades que podemos deseñar para desenvolver esta Intelixencia Corporal-Cinestésica: 
-crear con pezas de bloques lóxicos-regretas-legos 
-deseñar e resolver búsquedas do tesouro pola casa, polo patio, polo centro, pola contorna,..
realizar xogos de aventura
-representar cancións, contos, historias, títulos de películas,...
-realizar representacións musicais
-bailar
-deseñar menús saudables en familia e na aula
-realizar representacións de películas empregando a linguaxe corporal
-saltar á comba, á goma, ...
-xogar ao brilé, ás canicas, ás chapas, á chave, aos birlos,...
-xogar ao xogo do pano, ás catro esquinas
-xogar ao truco ou mariola
-dar paseos polos recantos con encanto da zona
-realizar representacións teatrais baseadas en historias, en contos,...
-crear e realizar un Lipdub
-crear e realizar un Flashmob
-crear un Storytelling,...