Páginas

domingo, 1 de abril de 2018

CALENDARIO COMPETENCIAL MES DE ABRIL 2018

Xa estamos no mes de abril e facemos propostas de actividades competenciais e funcionais para desenvolver no contexto familiar.
O CALENDARIO COMPETENCIAL DE ABRIL 2018 pretende axudar a desenvolver a competencia lingüística e tamén a intelixencia Lingüística verbal, a competencia matemática e competencia en ciencias e tecnoloxía xunto coa intelixencia lóxica-matemática,  dinamiza o aprender a aprender, estimula habilidades para ter iniciativa, etc.
Amáis visibiliza a necesidade de conversar, argumentar, reflexionar, valorar, interpretar, estimar,...
Coas propostas farase posible que existan situacións de aprendizaxes ricas, dinámicas, creativas, contextualizadas a modo de paisaxes de aprendizaxe.
Exemplos para E. Infantil: pensar nome de froitas e localizalos no dicionario, identificar palabras longas e curtas, atopar palabras de tres sílabas, ...
Exemplos para E. Primaria: crear receitas con froitas e peixe, pescudar e recoñecer a rede hidrográfica galega, española ou europea, gravación de receitas, conversas en familia, localizar os libros máis vendidos,...
Polo que se refire aos recantos con encanto temos a posibilidade de visitar: As torres vikingas de Catoira, a Ponte romana de Cotobade-Cerdedo, Semana Santa de Paradela (Meis), Combarro (Poio), ...





MES DE ABRIL 2018 INFANTIL
MES DE ABRIL 2018 INFANTIL
MES DE ABRIL 2018 E. PRIMARIA
MES DE ABRIL 2018 E. PRIMARIA