Páginas

martes, 13 de marzo de 2018

TDAH: orientacións



Fonte: Protocolo de consenso sobre TDAH
O trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH) responde a un patrón persistente de conducta de desatención, hiperactividade e impulsividade que comeza na idade infantil. Estes patróns constitúen a sintomatoloxía nuclear do trastorno e dan lugar a distintos subtipos de TDAH: hiperactivo-impulsivo, inatento e combinado, que son manifestacións do TDAH en distintas etapas evolutivas. Este último adoita ser o máis frecuente.

O TDAH maniféstase nos distintos ámbitos en que se desenvolven as nenas, nenos e adolescentes (familia, escola, relacións interpersoais, actividades de lecer), en forma de dificultades para agardar, para concentrarse nunha tarefa, para controlar as súas accións e emocións, para planificar e solucionar problemas, etc.

A desatención obsérvase na existencia de comportamentos como a dificultade para manter a concentración nas tarefas, a falta de perseveranza durante a súa realización e a desorganización. A hiperactividade refírese ao exceso de mobilidade e áinquietude constante (nas persoas adolescentes e adultas afectadas por TDAH só permanece, habitualmente e de maneira interna, a inquietude). E a impulsividade ten que ver coas actuacións sen pensar nas consecuencias, coa procura da recompensa inmediata, así como á dificultade para agardar polos beneficios que se demoran no tempo.

As manifestacións características do TDAH danse nos distintos ámbitos nos que a persoa afectada se desenvolve (na familia, na escola, no traballo, cos iguais, nas actividades de lecer, etc.), aínda que adoitan variar e ser diferentes dependendo do contexto. De igual modo, os signos do trastorno poden ser leves ou mínimos naquelas situacións nas que a persoa afectada está a recibir recompensas ou incentivos constantes, en situacións novas ou pracenteiras, ou cando está baixo unha estreita supervisión. Pola contra, fanse máis notorios os síntomas naquelas situacións nas que a actividade é monótona e pouco motivadora e cando o froito ou o resultado desta non se produce de forma inmediata.

Na actualidade, considérase que o trastorno pode amosarse en tres modalidades diferentes:

1.- Presentación combinada: é a máis habitual, e nela, tanto os síntomas de inatención como os de impulsividade-hiperactividade danse nun grao excesivo para o nivel evolutivo da persoa.

2.- Presentación predominantemente impulsivo-hiperactiva: nela predominan os síntomas de impulsividade e/ou hiperactividade, mentres que os síntomas de inatención teñen unha menor presenza. Esta presentación é máis frecuente nas nenas e nos nenos de menor idade.

3.-Presentación predominantemente inatenta: nesta presentación existe unha maior presenza dos síntomas de inatención.

MANIFESTACIÓNS TDAH

Que indica que un neno ou unha nena pode presentar TDAH?

Sen dúbida, as manifestacións dun posible caso deste trastorno poden darse en múltiples situacións, contextos ou escenarios. A seguir as características que poden servir de indicio para sospeitar a presenza do TDAH:

MANIFESTACIÓNS MÁIS REPRESENTATIVAS RELACIONADAS COA INATENCIÓN

  • Adoita prestar máis atención aos detalles e xa non  incorre en tantos erros, por descoido, nas tarefas escolares, no traballo ou noutras actividades.
  • Parece que ten dificultades para manter a atención pero percibimos que a información está procesada.
  • Normalmente non escoita cando se lle fala directamente e a súa mente parece que está noutro lugar, mesmo en ausencia de elementos promotores de distracción pero este asppecto mellorou no derradeiro curso.
  • Non acostumaba a seguir as instrucións e non remataba as tarefas escolares, encargos ou obrigas no ámbito do traballo escolar pero xa vai sendo quen de facelo.
  • Xa non ten tantas dificultades para organizar as tarefas e as actividades.
  • Normalmente evita, desgústase ou resístese a dedicarse a tarefas que requiren un esforzo mental continuado.
  • Xa non é tan  habitual que se distraia por estímulos irrelevantes.

MANIFESTACIÓNS RELACIONADAS COA HIPERACTIVIDADE-IMPULSIVIDADE

Relacionadas coa hiperactividade:

  • A miúdo móvese, repica -cos dedos, mans e/ou cos pés- sobre unha superficie imita o son do tambor ou retórcese no asento.
  • Acostuma a érguese do asento en situacións nas que é impropio facelo Adoita correr ou saltar excesivamente  pero xa vai controlando a súa hipercinesia.. 21
  • Segue a ter dificultades para xogar ou para dedicarse a actividades de ocio tranquilamente.
  • Acostuma a estar en movemento, sen acougo cando as actividades lle aburren ou pensa que non é quen de facelo.
  • A miúdo fala en exceso.
Relacionadas coa impulsividade:

  • Acostuma a precipitar respostas antes de que rematen as preguntas. •• A miúdo ten dificultades para esperar a súa vez.
  • Acostuma a interromper aos demais nenos-as.

A nivel socioemocional, caracterízase polo seguinte:

  • Frústrase facilmente.
  • Ten dificultade para comprender as relacións sociais, 23
  • Cambia de estado de ánimo con moita frecuencia, e desmoralízase
  • facilmente.
  • Cústalle respectar as regras dos xogos.
  • Testanea e enfádase con moita frecuencia.
  • Presenta unha baixa autoestima, inseguridade e dependencia excesiva das persoas adultas.
  • Presenta estados emocionais variables
  • Responde moito mellor aos incentivos de carácter inmediato.

Cadro resumo de intervención educativa



ORIENTACIÓNS XERAIS PARA RESPOSTAS EDUCATIVA ALUMNADO TDAH
O alumnado con TDAH responde a un patrón persistente de conduta de desatención, hiperactividade e impulsividade. Existen distintos subtipos de TDAH: hiperactivo-impulsivo, inatento e combinado
Modalidade de escolarización: Centro Ordinario
Hiperactividade
Características
1-móvese en momentos nos que non resulta adecuado
2-cústalle permanecer quieto cando é necesario
3-fala en exceso
4-ten dificultade para relaxarse
5-cambia de actividade sen finalizar ningunha
6-ten falta de constancia

Inatención
Características
1-ten dificultade para manter a atención durante un tempo prolongado
2-non presta atención aos detalles
3-presenta dificultades para finalizar tarefas
4-cústalle escoitar, seguir ordes e instrucións
5- é desorganizado nas súas tarefas e actividades
6-adoita perder ou esquecer obxectos
7-non conclúe o que empeza
8-presenta dificultades para seguir as normas ou detalles dos xogos
Impulsividade
Características
1-é impaciente
2-ten problemas para esperar a súa quenda
3-non pensa antes de actuar
4-interrompe constantemente aos demais
5-ten respostas prepotentes: espontáneas e dominantes
6-tende a “ toquetearlo” todo
7-adoita ter conflitos cos adultos


Pautas xerais de prevención e intervención no centro/aula
-Información-formación ao profesorado
-Incentivar á elección de titorías con alumnado TDAH
-coordinación coa familia
-Coordinación entre o profesorado
- Coordinación entre diferentes profesionais (Sergas, SSSS, Gabinetes…)
-aula con bo clima de traballo
-o profesorado que harmoniza as normas claras e coherentes coa empatía e co reforzo positivo. Os estilos permisivo ou autoritario son negativos nestes casos
-Sentarse a carón do alumnado que lle ofreza tranquilidade
- Debe evitarse a proximidade a portas, fiestras, papeleiras e lugares de maior tránsito, así como a estímulos sonoros ou visuais.
-Mesa da alumna ou do alumno. Enriba da mesa só estarán os materiais que necesite para realizar a tarefa, e, ao remate, deberá recollelos e gardalos, e hase de evitar que acabe xogando con eles e convertendo a mesa nun pequeno taller.
-Normas de convivencia consensuadas na aula.
-Manter un ambiente estruturado, motivador e con rutinas predicibles axudaralle ao alumnado a sentirse seguro e a saber o que ten que facer en cada momento.

Medidas ordinarias de atención á diversidade (art. 8, 9 do D. 229/2011) máis recomendables
Medidas extraordinarias de atención á diversidade (art. 9 do D. 229/2011) se fose necesario
1-Adecuación estructura organizativa do centro e da aula (horarios, agrupamentos, espazos) ás características do alumnado
2-adecuación das programacións
3-metodoloxías baseada no traballo colaborativo, TEI, cooperativo, debates
4-programa de reforzó nas instrumentais
5-programas específicos personalizados
6-programa de HHSS
7-aprendizaxe por proxectos, paisaxes de aprendizaxe, Circuitos de aprendizaxe por estacións, ABP, A. basado en problemas,…
8-adaptación de tempos e instrumentos de avaliación
9-aula sde atención educativa e convivencia e actuacións para  a mellora da convivencia
10-Desdobramentos de grupos
11-Reforzo educativo e apoio do profesorado con disponibilidade horaria.
12-programas de recuperación
1-Adaptacións curriculares
2-Apoio profesorado especialista en PT, AL



Manifestacións reseñables na aula do TDHA
1-Traballan de xeito lento e/ou con frecuentes interrupcións e non dan rematado a tempo.
2-Producen un traballo escolar de pouca calidade (desordenado, con moitos erros, etc.).
3-Teñen mal rendemento nos exames e nos controis, peor do esperable polo seu nivel de dominio da materia.
4-O seu rendemento escolar está por debaixo do que poderían ter.
5-Teñen problemas para cumprir as normas e as instrucións da aula,  manéxanse ruidosamente e distorsionan a súa marcha xeral

6-Cústalle comezar o traballo. Non comeza por si só ou soa
7-Amosa desorde e desorganización e non completa os traballos
8- Presenta os traballos sucios, rachados ou deteriorados
9-Morde, chupa e xoga co material
10-Cáenlle as cousas ao chan con excesiva frecuencia, rompe materiais
11- Esquécese de darlles a volta ás follas dos exames
12- Cando unha pregunta ten varias partes, contesta a primeira e esquece as seguintes.

Intervención e resposta educativa na aula máis relevante

1-contidos estruturados debido á dificultade que teñen para organizar antes de actúa
2-instrucións e tarefas simples, concretas e precisas.
3-leccións estruturadas debido á dificultade que teñen para organizar antes de actuar
4-para un estudante con  TDAH o cambio dunha materia, tarefa ou clase a outra resulta especialmente complicado
5-explicar as cousas de forma moi  segmentada, con pasos moi concretos, que deixen moi claro o que se espera deles e  as consecuencias por non realizalo
6-establecer unhas metas  alcanzables e  medibles desde un principio.
7-Deseño de actividades multinivel, paisaxes de aprendizaxes, circuitos de aprendizaxe por estacións de traballo (T. Domínguez)
8-Alternar actividades teóricas con traballo práctico
9-Antes de empezar unha actividade, hai que explicala de xeito claro e sinxelo, e asegurarse de que a entendeu todo o alumnado.
10-Utilizar estratexias para captar a atención
11-reforzar positivamente ou para reconducir a execución ou as distraccións
12-Utilizar reforzos e apoios visuais na instrución oral
13-Combinar actividades máis estimulantes con outras menos motivadoras e variadas
14-Reducir e fragmentar as actividades.  
15 Non sobrecargar de tarefas para a casa
16- nas explicacións ou exposicións orais do profesorado asegurarse de que atende, utilizar frases curtas e claras, manter o contacto visual e permanecer cerca focalizando a atención nos conceptos “clave”; utilizar estímulos visuais e presentar a idea principal explicitamente ao principio da explicación; empregar mapas mentais, cognitivos, organizadores gráficos,…

 

17-asegurarase de que o alumnado o mira aos ollos, que entende o exposto e, de ser o caso, que copiou o sinalado.
18-Utilizar diferentes formas e instrumentos de avaliación e complementar os exames escritos de forma oral, cando se observa que están incompletos.  Deixar máis tempo para os exames ou probas escritas, incluso dividilas en dúas sesións, e ser flexibles na súa duración. 19-Uso da axenda supervisada pola familia e o profesorado

20-Negociar co alumnado períodos curtos de atención cando realiza tarefas, de cara a ir aumentando a súa duración de forma progresiva reforzando o esforzo polo aumento de tempo de atención e deseñando actividades onde poida ter éxito, segmentando en fases as máis difíciles e negociando un tempo para rematar cada unha.

21-evitar apartalo nun recuncho da clase porque pode afectar negativamente á súa autoestima e pode favorecer conflitos cos seus compañeiros.

22-evitar poñerlle en evidencia: Procura non facer diferenzas entre estudantes con  TDAH e sen el.
23-facilitar que corrixan os seus propios erros: Explica en cada tarefa como identificar e corrixir os erros, e proporciona un tempo razoable para que poidan revisar o seu traballo
24-é máis recomendable colocar as mesas en filas que en grupos de mesas. Son máis fáciles de controlar
25-realizar comentarios positivos sobre un bo comportamento pode animar ao neno para repetilo, ademais de mellorar a súa autoestima e motivación
26-establecer límites claros sobre que comportamentos son inaceptables e explicar que pode suceder se se cometen.

Intervención na modificación conducta
Intervención na mellora da autoestima
1-Negociaranse co alumnado unhas cantas normas de funcionamento (non moitas) e as consecuencias do seu cumprimento e incumprimento.
2-evitar os enfrontamentos verbais e retadores pero con firmeza e sen cúlpalo-la
3-reforzo positivo de condutas adecuadas ou aproximacións.
4-Ignorar os comportamentos de chamadas de atención que non sexan moi molestos.
5- Permitir momentos de descanso
6-Utilizar puntos para conseguir premios ou incentivos
7- Establecer consignas non verbais co alumnado para advertilo do incumprimento dalgunha norma.
8-Evitar a acusación, ridiculización, etiquetaxe moral ou estigmatización
9-Ensinar técnicas útiles para a mellora no funcionamento cognitivo e no control da atención.
10-Proporcionar estratexias de memorización, xeralización, resolución problemas
11-Compartir responsabilidades na aula xa que esas accións permítenlle moverse de vez en cando e descansar para poder recuperar a atención e a concentración
-Fomentar unha relación positiva entre o alumna-do e o profesorado.
-Coñecer o seu estilo de aprendizaxe, as súas capa-cidades, as súas preferencias e motivacións.
- Ofrecerlle ao alumno experiencias de éxito, e re-forzarase calquera pequeno logro na aprendizaxe e/ou na conduta.
- Ofrecerlle confianza e expectativas positivas, facéndolle correccións respecto á súa tarefa e ache-gando propostas de mellora.
-Axudarlle a coñecer e a manexar as súas emo-cións (baixa tolerancia á frustración, dificultades para atrasar a gratificación)
- Evitar avaliar sempre negativamente e proxectar expectativas de éxito



Propostas de orientacións xerais para a prevención e a intervención psicoeducativa

Todo programa de intervención debe estar baseado nas potencialidades e nas necesidades educativas , no principio de inclusividade  e no desenvolvemento da intervención dun xeito multicontextual.

Técnicas de modificación de conducta.

Utilízaranse para favorecer o cambio de comportamento a través dunha serie  de estratexias. Con elas preténdese reducir ou eliminar as  conductas problemáticas e fortalecer as conductas adecuadas.

Técnicas para incrementar a conducta desexada como o reforzo positivo e a economía de fichas.

Técnicas para reducir as conductas non desexadas como retirar a atención diante dunha conducta  inadecuada, reforzar conductas alternativas, privalo de obter reforzamento etc.

Outras técnicas para a mellora cognitiva.

  • Autoinstrucións.
  • Solución de problemas.
  • Autoobservación.
  • consciencia das conductas e atribución adecuada dos éxitos e dos fracasos.
  • Habilidades sociais.
Estratexias de modificación de conducta

Os docentes e os iguais deben ser o referente de conducta reflexiva pois o neno  aprende máis por observación ca polo que se lles di ou polo que  oen. Así, para favorecer que as conductas conflitivas sexan  cambiadas por outras máis axustadas poden utilizarse as seguintes estratexias, con fin de garantir o control e a seguridade do neno:

  • Retirar a atención: Ignorar as conductas inadecuadas favorecerá a súa desaparición.
  • Saír da situación: Pódese optar por saír da situación dicíndolle que “cando estea  tranquilo pode buscarnos para falar”
  • Tempo fóra: Cando o neno entra  en crise e berra, chora, arremete, insulta a nai ou o pai ou lanza obxectos, hai que  retiralo da situación onde está, mandalo para un espazo neutro e controlar a súa seguridade, pero sen lle falar. O máis importante é que, unha vez rematada a crise, non consiga nada do que quería cando empezou o enfado.
  • Reforzar as conductas alternativas ou positivas: As estratexias de extinción da conducta problemática deben ir acompañadas do reforzo da conducta positiva alternativa, para consolidar a mellora do  comportamento.
  • Adquirir estratexias de comunicación e diálogo
Estratexias de intervención nas dificultades específicas da aprendizaxe.:

  • percepción visual
  • percepción auditiva
  • lóxica-matemática
  • razonamento con figuras
  • secuencias manipulativas
  • comprensión oral
  • tratamento da lectura, da comprensión
  • escrita, da expresión escrita, da numeración, do cálculo e da  resolución de problemas matemáticos.
  • secuencias visuais das tarefas a desenvolver
  • horarios visuais  para ir integrando e estructurando a súa organización

Orientacións para o profesorado

  • estratexias de modificación de conducta como "tempo fóra" empregándoo sempre que sexa necesario.
  • rexistro conductas disruptivas focalizando naquelas que sexan graves: pegar aos demáis, interrumpir sempre, insultar ou lanzar obxectos polo aire,... e tratar de non dar moita importancia a outras que se tratarán de eliminar cando xa as máis graves estean controladas. Pensemos que non podemos abordar todas nestes momentos.
  • emprego dun reloxio de area para marcar tempos de espera, de tranquilidade
  • deseño de recantos atractivos para él: construccións de obxectos, robots, montaxe e desmontaxe de mecanos,...
  • horarios visuais con pictogramas que se empregarán con todo o alumnado
  • adecuar as programacións ás necesidades do alumnado
  • establecer ambientes de aprendizaxe
  • adecuar as estructuras organizativas da aula
  • adecuar as metodoloxías polo que os tempos da execución de tarefas deben terse en conta
  • facer parellas de aprendizaxe
  • dinamizar aprendizaxes cooperativos
  • ter en conta un Deseño Universal de Aprendizaxes
  • promover paisaxes de aprendizaxes con tarefas que teñan diferentes graos de dificultade

Desenvolvemento emocional. Autoestima

A posible sensación de fracaso leva a que se resinta a súa autoestima, polo que necesitan axuda  para entender as súas emocións e controlalas. Hai que coidar a linguaxe, cambiar o “es” por “estás”, criticar o que é a  conducta e non a do neno, (o teu cuarto está desordenado, ordéao en vez de : eres un desordenado), darlle mensaxes positivas  e dicirlle o que se espera del ou dela, valorar o seu esforzo  e non só o resultado, establecer normas e límites, darlle responsabilidades, utilizar máis os premios ca os castigos, inscribilo en actividades nas que destaque, invitar  as súas compañeiras e compañeiros á casa etc.
os ámbitos destas actuacións serán: Consciencia emocional, autocontrol emocional e autoestima-autopercepción.

Orientacións para a familia

Algunha das estratexias serían:
  • Unificación de criterios entre as persoas adultas da familia
  • Repartir e compartir as tarefas e as responsabilidades da crianza e das consecuencias do TDAH das rapazas e dos rapaces. É moi importante que as persoas adultas que conviven na casa teñan o mesmo criterio á hora de educar e que  sexan modelo de conducta reflexiva. É dicir, hai que actuar  sempre do mesmo xeito, para non confundir a nena ou o  neno e a nai e o pai manterán a mesma liña de actuación
  • Coordinación da familia cos servizos educativos e sanitarios e tamén cos Servizos externos)
Normas de convivencia familiar
Poñer normas e límites  para a totalidade da familia é o primeiro paso para desenvolver unha disciplina positiva. Estas deben ser poucas, claras e ben definidas. Así mesmo, deben expresarse como  afirmación (“Recolle os xoguetes do teu cuarto!”), máis que como petición ou favor (“Queres recoller os xoguetes do teu cuarto?”). Non son eficaces os reproches e as discusións
permanentes. Tamén é importante establecer as consecuen cias das conductas positivas e negativas e ser coherente na  súa aplicación. Necesidade de supervisión e guía para poder organizarse e manexar o tempo. As rutinas e un horario estable axudaralles a afrontar as súas responsabilidades que poden facerse a través de horarios visuais para que o neno saiba o que ten que facer ou saiba o que lle queda por facer.
•Consecuencias positivas e/ou negativas das conductas. Tanto as consecuencias que se derivan dunha conducta positiva coma dunha negativa deben ser proporcionadas e inmediatas á conducta, para que sexan efectivas. Utilizaranse, preferentemente, os reforzos positivos (por exemplo: felicitar inmediatamente despois de que a nena ou o neno faga algo bo, e sorprendelo, tan frecuentemente como sexa posible, xa sexa cun sorriso ou cunha loubanza). Modificarase, o antes posible, calquera conducta negativa. Explicaráselle, con claridade, o que fixo mal e suxeriráselle que propoña  que outras cousas boas podería facer.. Realización de tarefas na casa acorde coa súa idade (recoller os xoguetes, poner a mesa, recoller o baño logo da ducha, ….)
Desenvolvemento emocional. Autoestima
A posible sensación de fracaso leva a que se resinta a súa autoestima, polo que necesitan axuda  para entender as súas emocións e controlalas. Hai que coidar a linguaxe, cambiar o “es” por “estás”, criticar o que é a  conducta e non a do neno, (o teu cuarto está desordenado, ordéao en vez de : eres un desordenado), darlle mensaxes positivas  e dicirlle o que se espera del ou dela, valorar o seu esforzo  e non só o resultado, establecer normas e límites, darlle responsabilidades, utilizar máis os premios ca os castigos, inscribilo en actividades nas que destaque, invitar  as súas compañeiras e compañeiros á casa etc.
Estratexias de modificación de conducta
Os membros da familia deben ser  modelo de conducta reflexiva pois o neno  aprende máis por observación ca polo que se lles di ou polo que  oen. Así, para favorecer que as conductas conflitivas sexan  cambiadas por outras máis axustadas poden utilizarse as seguintes estratexias, con fin de garantir o control e a seguridade do neno:
• Retirar a atención: Ignorar as conductas inadecuadas favorecerá a súa desaparición.
• Saír da situación: Pódese optar por saír da situación dicíndolle que “cando estea  tranquilo pode buscarnos para falar”
.• Tempo fóra: Cando o neno entra  en crise e berra, chora, arremete, insulta a nai ou o pai ou lanza obxectos, hai que  retiralo da situación onde está, mandalo para un espazo neutro e controlar a súa seguridade, pero sen lle falar. O máis importante é que, unha vez rematada a crise, non consiga nada do que quería cando empezou o enfado.
• Reforzar as conductas alternativas ou positivas: As estratexias de extinción da conducta problemática deben ir acompañadas do reforzo da conducta positiva alternativa, para consolidar a mellora do  comportamento.
•Adquirir estratexias de comunicación e diálogo: Deben  desenvolverse formas de comunicación e diálogo que melloren as relacións familiares.
•a familia será a canle de comunicación entre o centro e os servizos sanitarios ou externos para unha acción integrada.

Actividades complementarias.
A participación en actividades complementarias, especialmente nas de equipo ou colectivas  favorecen aprender as normas, controlar a impulsividade e mellorar a o socialización.
•Favorecer a súa relación con amigas e amigos e con compañeiras e compañeiros. Resulta moi útil para o neno ensaiar e exercitar na casa conductas de: Compartir cousas, respectar a quenda, pedir xoguetes. Permitirlle o acceso a xoguetes, cromos, películas, libros de aventuras, etc. que espertan interese entre as súas compañeiras e compañeiros, para facilitar a súa integración e participación pero cumprindo as normas do seu uso en determinadas situacións.
• Invitar a outras nenas e nenos ao seu aniversario, cun plan de xogo preestablecido supervisando o comportamento mentres xoga.
Escoitar durante uns minutos contos e pouco a pouco ir incrementando o tempo.