Páginas

jueves, 22 de marzo de 2018

INTELIXENCIA LINGÜÍSTICA-VERBAL


 


Intelixencias Múltiples:
Gardner establece que os seres humanos teñen múltiples intelixencias. Esta circunstancia fai que os docentes debamos ser diseñadores de situacións de aprendizaxe para que esas intelixencias poidan medrar no alumnado. Estas intelixencias son as fortalezas  para o alumnado e delas debemos partir. Dicir que existen múltiples intelixencias debe ser admitir que o alumnado aprende de forma diferente. Por este motivo, as propostas didácticas deben ser diversificadas tendo como referentes estas intelixencias. Non esquezamos que integrar Intelixencias Múltiples e Competencias Clave en paisaxes de aprendizaxe é unha das propostas metodolóxicas que debemos poñer en acción.
Hoxe a viaxe detense na INTELIXENCIA LINGÜÍSTICA-VERBAL e, polo tanto, temos que visibilizar certos procesos que fan posible o seu desenvolvemento:

-escoitar, falar, conversar, dialogar
-expresar e interpretar de forma oral e escrita, pensamentos, emocións, vivencias, opinións,...
-ler e escribir
-buscar, localizar, integrar, interpretar e procesar información
-comprender diferentes tipos de textos: narrativos, expositivos, argumentativos, dialogados, descriptivos,...
-argumentar
-reflexionar e valorar sobre a información apoarecida nos textos
-aplicar as normas ortográficas con precisión
-crear textos con coherencia
-usar un vocabulario axeitado e correcto
-adaptar a comunicación a cada contexto
-interactuar de forma axeitada lingüísticamente.
-realizar análise crítica de diversas fontes de información.


Algunhas das propostas para desenvolver esta intelixencia poderían ser:

-visionar unha película e realizar un resumo oral
-realizar creacións de textos con STORYJUMPER ou STORYBOARD
-empregar a narración de textos con storytelling.
-crear unha historia con 2-3 personaxes
-crear un guión e gravar unha película co móbil
-conversar en familia ou cos compañeiros-as sobre temas diversos argumentando as súas propostas
-gravar titoriais sobre temáticas diversas
-escoitar audios, programas de radio,...
-crear cuñas publicitarias
-formar parte de clubes de lectura
-realizar acompañamentos lectores
-realizar presentacións orais e escritas
-crear xornais impresos ou dixitais
-realizar entrevistas
-crear PODCAST
-realizar booktrailers
-crear historias de narrativa dixital
-recitar poesías
-crear receitas
-crear decálogos
-crear unha historia oral mesturando personaxes de contos
-crear rimas
-escribir textos para cartas, correos electrónicos,...
-crear frases divertidas (binomios fantásticos)
-crear historias a partir de tres imaxes (trinomios)
-resolución de sopa de letras, encrucillados
-crear textos discontinuos para carteis
-xogos de mesa como o ESCRABBLE
-crear menús semanais 
-realizar descripcións de persoas, alimentos, contos, cadros,...