Páginas

martes, 6 de marzo de 2018

CINE PARA A DIVERSIDADE

MELLOR CURTAMENTRAXE  DE FICCIÓN
A mellor curta metraxe nos Premios Oscar 2018 foi para  ‘The Silent Child’
A obra de Rachel Shenton e Chris Overton conta a  historia de Libby, unha nena xorda de catro anos. Unha traballadora social ensinaralle a LINGUA DE SIGNOS para permitir a súa integración social.
Aproveitamos esta nova para visibilizar que non se denomina LINGUAXE DE SIGNOS como apareceu de forma reiterada nos Medios de Comunicación senón LINGUA DE SIGNOS.
A diversidade é unha realidade social polo que tamén está presente no CINE QUE NOS MIRA.