Páginas

lunes, 12 de marzo de 2018

CARACTERÍSTICAS ALUMNADO ASPERGER

O SÍNDROME DE ASPERGER (psiquiatra alemán que o descubriu nos anos 40) é un termo empregado para describir a un síndrome integrado  no TEA  que se caracteriza por maiores habilidades cognitivas e por un nivel de lenguaxe máis preto á  normalidade, en comparación con outros trastornos do espectro autista.
As dificultades do alumnado ASPERGER son:
-interaccións e relacións sociais: facer amigos, integrarse nos grupos, descortesías, dificultades no contacto visual,...
-ámbito da comunicación: dificultades para seguir instruccións, comprensión da linguaxe dos adultos, interpretacións literais, exceso ou ausencia de xesticulación, fala rápida ou moi lenta, preguntas repetitivas,...
-dificultades no ámbito da imaxinación carencia na flexibilidade de pensamento: temas de interese restrictivos, temas de conversas obsesivas, fobias, rixidez para facer cambios, respostas estereotipadas intereses restrinxidos, ,...
-dificultades sensoriais e motoras: reaccións inaxeitadas de cara aos sons, reaccións inapropiadas ao contacto físico, hipersensibilidade aos estímulos visuais, coordinación motora,...
-dificultades emocionais: frustracións, autocontrol, ansiedade, autoconciencia,...
-destrezas para o traballo na aula e función executiva: motivación, organización persoal, concentración, memoria insistencia nas rutinas,...
OBXECTIVOS
-Promover as relacións interpersonais
-Fomentar  o incremento de intereses
-Promover secuencias didácticas favorecedoras do desenvolvemento cognitivo, afectivo-emocional, social, ...
-Dinamizar secuencias para incrementar o razonamento, comprensión, percepción, atención, memoria,...
-Estimular estratexias e técnicas para aprender a pensar
-Ofrecer habilidades e destrezas para o desenvolvemento da linguaxe e a comunicación verbal e non verbal.
-provocar que saiba comezar, manter e finalizar conversas
-estimular a comprensión de metáforas,...
-dinamizar conductas de cooperación e colaboración
-desenvolver posibilidades de adquisión de novos patróns de conducta
-dinamizar estratexias para localización, organización e análise  da información
-promover respostas á necesidade de espazos tranquilos, antiestrés, sosegados,...
-dinamizar a adquisición de regras convencionais
-promover a linguaxe non verbal: xestos, posturas, movimentos de brazos,..
-deseñar ambientes estructurados e predecibles
-empregar os intereses como reforzadores
-adecuar os ambientes de aprendizaxe: tempos, espazos e recursos
-reforzar con apoios visuais
-traballar a proximidade cos demáis, o contacto físico e volume e ton de voz
-ofrecer estratexias para controlar o seu autocontrol: non correr, ir ao espazo de tranquilidade, escoitar unha música,...
-promover a comprensión e coñecemento da forma de actuar do alumnado ASPERGER por parte dos demáis.