Páginas

viernes, 2 de marzo de 2018

AS ESTRUCTURAS COOPERATIVAS


Tal como aparece reflectido na ORDEN ECD 65/2015 no seu Anexo II  o proceso de ensino-aprendizaxe debe partir dunha planificación rigorosa tendo claro cales son os obxectivos ou metas, cales son os recursos materiais precisos, que tipo de metodoloxía é a máis axeitada ou como pretendemos avaliar  para que sexa un proceso para mellorar e aprender como elemnto retroalimentador do proceso.
A metodoloxía elexida debe partir, necesariamente, do papel que os docentes temos no proceso de e-a, é dicir debemos ser PROMOTORES, FACILITADORES, MEDIADORES das CCCC e, por este motivo debemos, empregar ofrecer estratexias para a tender á diversidade de intereses, motivacións, destrezas, habilidades, ritmos e estilos de aprendizaxe (art. 3 D. 229/2011).  
Un dos recursos metodolóxicos que podemos empregar  son as prácticas de traballo cooperativo xa que favorecen a motivación por aprender nos alumnos e alumnas xerando neles a curiosidade e a necesidade por adquirir os coñecementos, as destrezas e as actitudes e valores presentes nas competencias. Amáis para potenciar a motivación pola aprendizaxe de competencias requírense, ademais,metodoloxías activa se contextualizadas. A través das aprendizaxes cooperativa, os membros do grupo coñecen as estratexias utilizadas polos seus compañeiros e asi as podan aplicar a situacións similares.Para un proceso de ensino-aprendizaxe competencial as estratexias interactivas son as máis adecuadas, ao permitir compartir e construír o coñecemento. 
As prácticas de aprendizaxe cooperativo, son segundo Pujolás o uso didáctico de equipos reducidos de alumnos se pode aproveitar ao máximo a interacción entre eles co fin de maximizar a aprendizaxe de todos. Os principais elementos desta aprendizaxe son: a responsabilidade individual, a participación equitativa, a interacción simultánea, a axuda mutua e a autoavaliación grupal. As estruturas máis empregadas son: 1 – 2 – 4, lapis ao centro, números iguais xuntos, folio xiratorio, lectura compartida,... 

EXEMPLOS DE ESTRUCTURAS COOPERATIVAS.
 
·      1 – 2 – 4, no cal dentro dun equipo base, cada un (1) pensa cal é a resposta correcta a unha pregunta exposta polo mestre. Despois póñense de dous en dous (2), intercambian respostas e coméntanas. Finalmente, todo o equipo (4) decide cal é a resposta máis axeitada á pregunta exposta. Intentan construír unha nova resposta que inclúa os elementos das anteriores.
·     Lapis ao centro, na cal o mestre reparte a cada equipo unha folla co mesmo número de preguntas ou exercicios que membros do equipo. Cada alumno faise cargo dunha das preguntas, lea en voz alta, asegúrase de que tódolos membros aportan información ou opinan, e comproban que todos saben e entenden a resposta consensuada. Cando un expón a súa pregunta e todos falan sobre ela, poñen os lapis ao centro da mesa para indicar que é momento de falar e escoitar, cando todos teñen clara a resposta, cada un colle o seu lapis e a escribe no seu caderno. É momento de escribir.
·    Números iguais xuntos, na cal resólvese a tarefa coa anterior estrutura e o terminar, o mestre escolle un número do 1 ao 4 ao azar (cada un dos membros do grupo ten un número asignado). Quen teñen ese número en cada equipo deben saír dun en un ante os demais e expor a solución.
·      Folio xiratorio, na cal o mestre asígnalles unha tarefa aos equipos e un dos membros de cada equipo comeza a escribir a súa parte ou a súa aportación nun folio xiratorio. Mentres tanto os seus compañeiros fíxanse no que fai, axúdano, corríxeno,… A continuación pásallo o compañeiro do lado seguindo as agullas do reloxo, para que tamén escriba a súa parte e así sucesivamente.
·    Lectura compartida, na cal realizase a lectura dun texto de forma compartida nun equipo. O número 1 le un parágrafo, o seguinte resúmeo, o terceiro explícao e o cuarto indica unha palabra clave que o sintetice.
·    Parada de 3 minutos: cando os docentes fan unha explicación a todo un grupo deben facer unha parada de 3 minutos para que o alumando en grupos cooperativos pensen e reflexionen sobre o explicado e plantexen 1 pregunta ao rematar os 3 minutos. Se hai algunha pregunta repetida xa non se realizará.