Páginas

martes, 27 de febrero de 2018

PENSAMOS? UN RETO COA RODA LÓXICA


Para aprender a pensar debemos poñer ao alumnado e aos fillos e fillas en situacións para facelo.
Existen moitas situacións da vida cotiá que poden servir para aprender a pensar.
Hoxe imos facer a proposta coa técnica RODA LÓXICA (Escamilla 2017). Esta técnica axuda a estructurar o pensamento e a seguir unha ruta para a construcción gradual de contidos traballando diferentes destrezas e habilidades cognitivas.
Serve para que se identifiquen coñecemento previos, para determinar que se aprendeu, permiten que os cativos aprendan de forma autónoma seguindo as 4 fases.
Desenvólvense diferentes procesos cognitivos (Bloom revisado por Anderson et al. 2001) como son: identificar, comparar, establecer relacións de causa-efecto, argumentar, valorar.

Os interrogantes que se plantexan son:
  1. que é?, como é? (identificar)
  2. parécese a...?,  é diferente en...? (comparar)
  3. por que razóns? por que é necesario?, que pasaría se ...? (relacións causa-efecto)
  4. resumimos as ideas xerais? Sintetizamos? (argumentar, valorar)

Atrévemonos a realizar un reto?

Realiza unha ruta de pensamento empregando unha roda lóxica  para saber sobre UN GATO ou UNHA SERPE ou UN CARACOL ou UNHA XOANIÑA.
Se non queremos saber sobre animais que che parece facelo con árbores: UNHA MACEIRA ou UNHA CERDEIRA ou UNHA PEREIRA ou UNHA AMEIXEIRA,...

A continuación deixamos un organizador visual: