Páginas

jueves, 19 de octubre de 2017

ESTRATEXIAS PARA MELLORAR A ATENCIÓN

Que facer cando un neno ou nena ten problemas para unha atención sostida?
Cada ser humanos procesa a información de forma diferente e cada neno-nena centra a súa atención en estímulos, temas, imaxes que lle resultan atractivas, interesantes ou motivadoras. O que interesa aos adultos non sempre interesa aos nenos-as. 
Outro aspecto a ter en conta é que aprendemos coa cabeza, coas mans e co corazón. E, se o noso corazón,  dinos que non sabemos, que o imos facer mal, que se van rir de nós,... xa  non estamos en condicións de querer atender. Os sentimentos, o autoconcepto e a autoestima condiciona os aprendizaxes e a atención.
A atención ás veces se esfuma, se volatiliza, parece que fuxe de nós,...pero SEMPRE refresa.
As familias non debedes alarmarvos e ir ofrecendo ambientes onde sexa posible centrar a atención.
É un proceso  psicolóxico que se pode mellorar e, se logo de tempo poñendo en práctica diferentes estratexias, seguimos tendo as dificultades recurrirase a realizar unha valoración en Neuropediatría.
Debemos ser sistemáticos, perseverantes e facelo de forma cotiá. As accións postas  en marcha 1 día si e 5 non nunca darán resultados.
Outro aspecto a ter presente é que a sobreestimulación non é beneficiosa para centrar a atención. Os espazos deben ter as imaxes precisas (menos é máis), os xogos da tablet ou do ordenador deben favorecer a concentración e non a excitación ou nerviosismo.



ENLACE