Páginas

viernes, 15 de septiembre de 2017

ENSINAR E APRENDER A PENSAR

Preséntovos unha publicación de Amparo Escamilla para que teñamos estratexias e recursos para ensinar a pensar.
Na escola débense deseñar situacións de aprendizaxe nos diferentes  ambientes-escenarios-contextos  para que o alumnado APRENDA A PENSAR.  A Aprendizaxe Basada no Pensamento -TBL- incide no desenvolvemento de destrezas de pensamento que se infusionan no curriculo. 
A través de organizadores gráficos, verbais e visuais podemos  desenvolver no alumnado rutinas e destrezas de pensamento para que sexan quen de poñer en acción diferentes modelos de pensamento coma o reflexivo, o analítico, lóxico, analóxico, crítico, deliberativo, creativo, práctico ou sistémico.
 O alumnado compara, pescuda, analiza similitudes e diferenzas, establece relacións causa-efecto, busca as características lóxica dos obxectos, delibera, argumenta, analiza diferentes posibilidades, etc.
Debemos buscar cambios metodolóxicos para axustarnos a esta sociedade do s. XXI.