Páginas

miércoles, 5 de julio de 2017

APRENDENDO COAS MATEMÁTICAS

Cando falamos de matemáticas temos que tomar como referente o establecido no D. 330/2009, na Área 2, Coñecemento do contorno, Bloque 1. Medio físico: elementos, relacións e medida.
Neste bloque recolle que os contidos que potencian o desenvolvemento do pensamento lóxico-matemático a través dos cales a nena e o neno intentan interpretar e comprender o mundo, favorecendo as nocións de tempo, espazo, causalidade, cuantificación e a resolución de problemas que se presentan na súa vida cotiá.
Así, para coñecer e comprender como funciona a realidade, a nena e o neno indagan sobre o comportamento e as propiedades de obxectos e materias presentes no seu contorno: actuando e establecendo relacións cos elementos do medio físico, explorando e identificando os devanditos elementos, recoñecendo as sensacións que producen, anticipándose aos efectos das súas accións sobre eles, detectando semellanzas e diferenzas, comparando, ordenando, cuantificando, pasando así da manipulación á representación, orixe das incipientes habilidades lóxico-matemáticas.
Os contidos de lóxica-matemática van asocidos aos números e ás formas, aos cuantificadores, ás posicións no espacio, ás secuencias no tempo e permiten a análise de distintas situacións reais. Identifícanse coa dedución, a indución, a estimación, a aproximación, a probabilidade, a precisión, o rigor, a seguridade etc. e axúdannos a enfrontarnos a situacións abertas, sen solución única e pechada. Son unha agrupación de ideas e formas que nos permiten analizar os fenómenos e as situacións que se presentan na realidade para obter informacións e conclusións que non estaban explícitas e actuar, preguntármonos, obter modelos e identificar relacións e estruturas, de modo que levan consigo, sobre todo, encontrar patróns, regularidades e leis matemáticas e non só utilizar cantidades e formas xeométricas.
É fundamental o rol do persoal docente, pois debe ser capaz de deseñar tarefas ou situacións de aprendizaxe que posibiliten a aplicación dos coñecementos en situacións contextualizadas (Lave e Wenger 2001). Debemos favorecer  que teñan as súas propias opinións confrontándoas criticamente (pensamento crítico) para enfrontarse con éxito a situacións nas que interveñan os números e as súas relacións. O traballo estará asentado na experiencia, as matemáticas apréndense utilizándoas en contextos funcionais relacionados con situacións da vida cotiá.
A aprendizaxe baseada en competencias debe abordarse de forma conxunta entre todas as áreas tanto nos ámbitos formais, coma nos non formais e informais. O seu dinamismo reflíctese en que as competencias non se adquiren nun determinado momento e permanecen inalterables, senón que implican un proceso de desenvolvemento mediante o cal os nenos e nenas van adquirindo maiores niveis de desempeño no seu uso. Cada persoa docente deseñará, implementará e avaliará tarefas integradas nas que o alumnado acade ou elabore un produto social relevante. Para isto é necesario secuenciar unha serie de actividades e exercicios que impliquen procesos cognitivos de diferente nivel.
Debemos, igualmente, partir do desenvolvemento cognitivo e emocional no que se encontra o alumnado desta etapa, da concreción do seu pensamento, das súas posibilidades cognitivas, do seu interese por aprender e relacionarse cos seus iguais e co ámbito, e do seu paso cara a un pensamento abstracto cara ao final da etapa.
Potenciarase un enfoque globalizador que teña en conta a transversalidade da aprendizaxe fundamentada en competencias.
A selección dos contidos e as metodoloxías activas e contextualizadas deben asegurar o inicio do desenvolvemento das competencias clave.
Os métodos utilizados deben partir da perspectiva do persoal docente como persoal orientador, promotor e facilitador do desenvolvemento competencial no alumnado; ademais, deben enfocarse á realización de tarefas ou situacións-problema nas que o alumnado debe resolver facendo uso axeitado dos distintos tipos de coñecementos matemáticos, destrezas, actitudes e valores. Así mesmo, mediante prácticas de traballo individual e cooperativo, terase en conta a atención á diversidade e o respecto polos distintos ritmos e estilos de aprendizaxe.
As estruturas de aprendizaxe cooperativa posibilitarán a resolución conxunta das tarefas e dos problemas, e potenciarán a inclusión do alumnado.
Resulta fundamental a motivación por aprender nos alumnos e nas alumnas, polo que o persoal docente deberá xerar neles e nelas a curiosidade e a necesidade de adquirir e aplicar coñecementos, destrezas, actitudes e valores.
O traballo por proxectos, especialmente relevante para a aprendizaxe por competencias, susténtase na proposta dun plan de acción co que se busca conseguir un determinado resultado práctico. Esta metodoloxía pretende axudarlle ao alumnado a organizar o seu pensamento favorecendo nel a reflexión, a crítica, a elaboración de hipóteses e a tarefa investigadora a través dun proceso no que cada un asume a responsabilidade da súa aprendizaxe, aplicando os seus coñecementos e habilidades a proxectos reais.
Resulta recomendable a aplicación de diferentes técnicas para a avaliación do desempeño do alumnado como por exemplo o portfolio, as rúbricas, mapas mentais, escalas de valoración, listas de cotexo, rexistros de observación, diarios, debates, probas específicas, solución de problemas
O profesorado debe involucrarse na elaboración e no deseño de diferentes tipos de materiais, adaptados aos distintos niveis e aos diferentes estilos e ritmos de aprendizaxe dos alumnos e das alumnas, co obxecto de atender a diversidade na aula e personalizar os procesos de construción das aprendizaxes. Débese potenciar o uso dunha variedade de materiais e recursos, considerando especialmente a integración das tecnoloxías da información e da comunicación no proceso de ensino-aprendizaxe que permiten o acceso a recursos virtuais.

A implicación das familias no proceso de ensino-aprendizaxe é un factor determinante que tentaremos potenciar activamente. 
Tralo anterior, as aprendizaxes basadas en números, ABN pode axudar a ter destrezas e habilidades para relacionar os números pero NUNCA podemos esquecer que o alumnado debe ter un papel activo, dinámico que o leve a comparar obxectos da vida cotián, a establecer semellanzas e diferenzas entre palabras, entre tamaño das palabras, ... e non solo con recursos estructurados.Promovamos que o neno e a nena pode comparar árbores, pedras, bancos, sillas,....e que os números serven para resolver problemas da súa vida:  cantos nenos e nenas temos na aula para poder xogar, cantos cartos precisamos para mercar "chuches", cantas pezas de froita precisamos para facer unha macedonia,...Os procesos de aprendizaxe das matemáticas deben integrarse en contextos reais, en contextos de descubrimento, en situación reais da súa vida afectiva, Polo tanto, seremos os docentes, as familias as que poñamos aos nenos e nenas en situacións para actuar cos números, coas formas, cos tamaños, coas capacidades, cos formas redondas, ...
Entre os pensamentos que debemos poñer en acción son: pensamento lóxico dinamizando situacións onde poida argumentar e razonar, pensamento analóxico creando secuencias onde teñan que operar con feitos e datos para poder realizar abstraccións, pensamento creativo cando teñan que crear problemas empregando a numeración, pensamento deliberativo cando deban tomar decisións sobre que forma xeométrica debe poñer nunha serie,...

En definitiva, fuxamos de chamar metodoloxía activa a cousas que non o son.

Recomendo a lectura de:
  •  EL NIÑO REINVENTA LAS ARITMÉTICA, de Constance Kamii 
  •  VIVIR LAS MATEMÁTICAS, de M. Antonia Canals

 Pero que é a  APRENDIZAXE BASADA EN NÚMEROS?  Consiste na habilidade para empregar e relacionar os números, as súas operacións básicas, os símbolos e as formas de expresión e razoamento matemático, tanto para producir e interpretar distintos tipos de información, como para ampliar o coñecemento sobre aspectos cuantitativos e espaciais da realidade, e para resolver problemas relacionados coa vida cotiá. Así mesmo, implica o coñecemento e manexo dos elementos matemáticos básicos –distintos tipos de números, medidas, símbolos, elementos xeométricos, etc.- en situacións reais ou simuladas da vida cotiá, e a posta en práctica de procesos de razoamento que levan á resolución dos problemas ou á obtención de información. Todo será empregado para enfrontarse ás situacións cotiás e reais que o precisen.
As aprendizaxes realizadas con números maipulando, investigando, experimentando a través das posicións no espacio, das semellanzas e diferenzas das figuras xeométricas, dos cuantificadores, ...farán posible que se poñan en acción procesos cognitivos presentes nos dominios cognitivos (Bloom, revisado por Anderson et al. 2001) como son: coñecer, identificar, comparar, categorizar, crear, deliberar, analizar,...
Por outra parte, as actividades manipulativas a través dos bloques lóxicos, regletas, sudokus, dominós, ...incrementan a concentración, a atención, a capacidade de observación, a planificacioón, o razonamento, ,...
Do mesmo xeito, promove a autoestima e autoconcepto, o pensamento reflexivo, analítico, analóxico, deliberativo, creativo,...
Igualmente favorece a capacidade creativa, a imaxinación, a resolución de problemas, a tomar iniciativas,...
Como vemos, o deseño de secuencias didácticas que integren o pensamento lóxico-matemático deben incluir actividades e exercicios  de cálculo matemático, pensamento numéricos, razonamento, comprensión de relacións, ou ben que as tarefas integradas conten coa necesidade de desenvolver o pensamento lóxico.
Existen múltiples intelixencias e unha delas é a INTELIXENCIA LÓXICA MATEMÁTICA 


As veces as matemáticas supoñen un atranco para o alumnado pero casi sempre por un deficiente proceso de ensinanza.
As matemáticas rodean aos seres humanos: formas xeométricas nas sinais de tráfico ou nas portas das casas, nos prezos do supermercado, no números de matrículas dos coches, no número de persoas no autobús, no número de tfno dos familiares,...
Según Martínez e Sanchez (2011) debemos ensinar o sentido do número  e esto sucede cando comprenden o tamaño dos números, cando pensan sobre eles, cando os representan de diferentes maneiras, cando é quen de xeralizar,...
Algúns procesos importantes para traballar con éxito a numeración en E.I. son:

-a subitización ou proceso cognitivo que consiste na capacidade de aprehender de golpe, nun solo golpe de vista, de forma súbita, de repente o cardinal dun conxunto de elementos 
-a estimación ou proceso cognitivo que favorece a aproximación 
-o conteo 
-a estimación
-sentido do número 


A intelixencia lóxico- matemática integra procesos como:

1.-CONTAR: conteo, identificación de grafía-cantidade, secuenciación numérica, ….
Entre os Principios na actividade de contar (Gelman y Gallistei, 1978) que nos leva a outorgar un número cardinal (7 por exemplo)como representativo dun conxunto de elementos (7 botóns, 7 pasteis, 7 cadrados) atopamos:

·        P. Abstracción ou identificación de conxuntos estables e tamén que o número cardinal será o mesmo ainda que os elementos sexan diferentes (4 pasteis son 4, pero tamén son 4 si son botóns, ou triángulos,…) en definitiva, o número do conxunto é independente das cualidades dos elementos dese conxunto.
·        P. de Orden estable: a secuencia numérica mantén una a orden  1 2 3 4 5 6… pero en etapas iniciais os nenos-as contan sen esta orden establecida senón con números que lle son familiares. Nun principio necesitan empezar por el 1 y continuar y posteriormente ya pueden seguir a partir de un número dado 7 8 9 ….oo 3 4 5 6 7…. No necesitando empezar por el 1.
·         P. Irrelevancia na orden: o orden pola que demos comezo a contar non fai cambiar o número. Contar requiere repetir los números en un orden estable. Ex. Podo empezar polo vermello ou polo verde,….pero sempre terei 4




·        P. correspondencia biunívoca:a cada obxecto lle corresponde un solo termo.
·        P. de cardinalidade: o derradeiro número contado nun conxunto é coincidente  co cardinal da colección. Ex. Se conto 1, 2, 3 mazáns o derradeiro termo nomeado foi o tres que coincide co cardinal 3 e ese conxunto ten 3 elementos (etiquetación)

FASES DE PROGRESIÓN DO CONTEO
1.    NIVEL CORDA OU ROSARIO: A evocación dun número leva parello o seguinte. Ex. O número pode ser sete ou teoito
2.    NIVEL CADEA IRROMPLIBLE OU CONTINUA: Precisan iniciar o conteo polo 1 para non perderse e se esto acontece voltan dar inicio polo 1.
3.    NIVEL CADEA ROMPLIBLE OU ESLABÓNS: Rachase a cadea. O neno-a continúa o conteo a partir do número que lle digas. Ex. Ten xa 6 mazáns contadas e se lle di que continúe. Neste nivel iniciase o “retroconteo” ou conteo descendente (cara atrás)
4.    NIVEL CADEA NUMERABLE-NÚMEROS: neste nivel podemos falar xa de sentido numérico no neno-a e pode contar salteado, sistematiza comparacións, iniciase na suma, concepto de decena, sustraccións, …
5.    NIVEL CADEA BIDIRECCIONAL: nesta fase o neno-a ten destrezas consolidadas de operación inversas iniciadas no nivel anterior.

2.-SENTIDO DO NÚMERO: repartos regulares e irregulares, ordenación, ordenación e comparación de conxuntos

exemplo 1: 5 cadrados



















 




exemplo 2: 5 cadrados en distinta posición



 




3.-TRANSFORMACIÓN DOS NÚMEROS: composición-descomposición,inicio á adición e a sustracción.



9=1+8      
9=7+2                          
9=6+3
9=5+4



4.-XEOMETRÍA. exploración do espacio, tipos de líñas.Traxectorias, itinerarios, coñecemento e diferenciación das figuras planas básicas, identificación no mundo real das figuras básicas, orientación espacial (cara adioante, detrás, dentro, fóra,...), comparar figuras (cantos vertices, cantos lados, constancia da forma independiente do tamaño, a cor, o grosor, ...). Cada construcción realizada debe ser verbalizada e explicando as figuras quwe colocou, cores, formas, tamaños, grosores,...