Páginas

miércoles, 5 de abril de 2017

TRASTORNO DE APRENDIZAXE NON VERBAL: TANV

No derradeiro número (369, pp. 14-19) da Revista PADRES Y MAESTROS aparece un artigo moi interesante sobre un trastorno descoñecido en canto ao nome pero non tanto en canto á súa presencia na realidade das aulas.
É o TRASTORNO DE APRENDIZAXE NON VERBAL (TANV), trastorno do desenvolvemento que afecta á psicomotricidade, á habilidade visoespacial. ao funcionamento executivo e ao desenvolvemento emocional.
Ten repercusións negativas na comprensión lectora, na escritura, nas matemáticas e no rendemento escolar.
Polo tanto, é un trastorno que afecta ao desenvolvemento integral da persoa pois as dificultades  aparecen  no ámbito social, escolar e persoal.
As manifestacións máis frecuentes das dificultades son:
-Psicomotricidade: torpeza nos xogos, torpeza manual nas actividades da vida cotiá (abotoarse, lavarse, uso de cubertos,...), mal trazo, lentitude na escritura,...
-linguaxe: desenvolvemento p recoz da linguaxe, vocabulario propio de nenos e nenas de maior idade, dificultades para explicar pois vaise polas "ramas", , dificultades para sintetizar o que escoita,...
-percepción viso-espacial: dificultade para realizar puzzles, xogos de construcción, identificar elementos en distintas posicións, dificultades para seguir unha serie, dificultades para seguir unha secuerncia temporal, dificultades para reproducir figuras ou composicións tipo tangram,...
-memoria: boa memoria verbal, dificultades para a memoria visual e episódica (experiencias vividas)
-funcións executivas: desorganización cos materiais, obxectos persoais, dificultade para planificar as tarefas, pouca flexibilidade cognitiva
-razonamento: bo razonamento verbal e dificultades no razonamento visoespacial
-socialización: dificultades para  identificación de elementos non verbais: xestos, posturas, tons de voz, expresións faciais,...
-emocións: inmadurez, problemas conducta , risco de ansiedade,...
-lectoescritura: dificulatdes para realizar esquemas, resumes,...caligrafía de baixa calidade, desorganización nas redaccións, escritura lenta,...
-matemáticas: dificultades na numeración, no cálculo, nas operacións, na resolución de problemas,...
 Porén deberemos adecuar a resposta educativa ás diferentes características e necesidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións sociais e culturais deste  alumnado (art. 3, D. 229/2011)
Os ámbitos de intervención deberán estar centrados no ámbito educativo (aprender a conocer), no ámbito competencial (aprender a facer), no ámbito social (aprender a estar e convivir) e no ámbito afectivo-emocional (aprender a ser).
Os principios de intervención educativa serán preferentemente a normalización e inclusión; equidade, igualdade de oportunidades e non discriminación; flexibilidade e accesibilidade; interculturalidade e promoción da convivencia; interdisciplinariedade, a coherencia, un carácter integral, a actividade, a significatividade e a construcción das aprendizaxes, a globalización e interdisciplinariedade, as aprendizaxes contextualizadas e situadas (Lave e Wenger).
As medidas a ter en conta serían (art. 8, 9 D. 229/2011):
-adecuación da estructuras organizativas da aula
-adecuación do ambiente-escenario de aprendizaxe (espazos, tempos, recursos)
-apoio de profesorado
-apoio especializado de PT e de AL (medida extraordinaria)
-adecuación da tipoloxía de actividades non sobrecargando  con tarefas de copiado, grafomotricidade, complementar as tarefas propostas con guía ou apoio verbal e visual (calendario visual), explicacións verbais claras e concretas, esquemas-mapas mentais-burbullas de coñecemento que estructuran o aprendido, plantillas para resolución de problemas, reducir a complexidade de textos, usar plantillas, ...
-programas específicos personalizados: desenvolvemento habilidades motoras, visoespaciais, funcións executivas, desenvolvemento afectivo-emocional, estratexias visoespaciais, matemáticas funcionais, estratexia sde comprensión lectora ...
-programas de HHSS

Se fose neceario botariamos man de medidas extraordinarias como A. curriculares, Agrupamentos flexibles,