Páginas

martes, 25 de abril de 2017

CONFERENCIA DE TONUCCI

Poder estar unha tarde diºsfrutando coa visión da educación de F. Tonucci é todo un privilexio.
Aproveitemos esta nova ocasión de aprender con él.


martes, 11 de abril de 2017

DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

Hoxe á unha data especial: DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

As persoas que teñen un trastorno de espectro autista son persoas que senten, que aman, que ríen, que xogan, que.....OFRECEN MIL E UNHA POSIBILIDADES DE FACERTE FELIZ.
Se premedes na seguinte imaxe teredes algunha proposta de traballo (V. Antúnez)
ENLACE 



miércoles, 5 de abril de 2017

IMOS DE CINE: DEL REVÉS

A PROPOSTA DO MES DE CINE EN FAMILIA É: DEL REVÉS

SE PRECISDADES SABER MÁIS NO Nº 365 da REVISTA PADRES Y MAESTROS TEMOS, NA SECCIÓN DE FILMOTECA, INFORMACIÓN DIVERSA: SIPNOSE, VALORES, FICHA TÉCNICA,...

PARA ADULTOS PROPOÑEMOS (Nº 366, 2016, REVISTA PADRES Y MAESTROS) : HIJOS DE LAS NUBES. LA ÚLTIMA COLONIA.
Autores:  Mohamed Saleh Baha y Carmen Pereira Domínguez
mohamed.saleh.baha@edu.xunta.es y mcdguez@uvigo.es

A HISTORIA (C. PEREIRA DOMÍNGUEZ: Este documental trata de evidenciar y difundir el drama de los refugiados saharauis al ser desplazados de su territorio tras la descolonización española hace aproximadamente cuarenta años.
La ocupación posterior de este territorio del norte de África por Marruecos y los intereses económicos y geoestratégicos, en la zona, de las grandes potencias, originan un conflicto que se pone de actualidad en el
entorno de la denominada Primavera Árabe. El filme profundiza en la realidad del pueblo saharaui, en su abandono y al mismo tiempo intenta buscar soluciones que conduzcan al fin de este conflicto. Es conveniente dar voz a todas las partes del conflicto solicitando una solución para un pueblo indefenso que no desea la guerra sino vivir con dignidad y en paz.

TRASTORNO DE APRENDIZAXE NON VERBAL: TANV

No derradeiro número (369, pp. 14-19) da Revista PADRES Y MAESTROS aparece un artigo moi interesante sobre un trastorno descoñecido en canto ao nome pero non tanto en canto á súa presencia na realidade das aulas.
É o TRASTORNO DE APRENDIZAXE NON VERBAL (TANV), trastorno do desenvolvemento que afecta á psicomotricidade, á habilidade visoespacial. ao funcionamento executivo e ao desenvolvemento emocional.
Ten repercusións negativas na comprensión lectora, na escritura, nas matemáticas e no rendemento escolar.
Polo tanto, é un trastorno que afecta ao desenvolvemento integral da persoa pois as dificultades  aparecen  no ámbito social, escolar e persoal.
As manifestacións máis frecuentes das dificultades son:
-Psicomotricidade: torpeza nos xogos, torpeza manual nas actividades da vida cotiá (abotoarse, lavarse, uso de cubertos,...), mal trazo, lentitude na escritura,...
-linguaxe: desenvolvemento p recoz da linguaxe, vocabulario propio de nenos e nenas de maior idade, dificultades para explicar pois vaise polas "ramas", , dificultades para sintetizar o que escoita,...
-percepción viso-espacial: dificultade para realizar puzzles, xogos de construcción, identificar elementos en distintas posicións, dificultades para seguir unha serie, dificultades para seguir unha secuerncia temporal, dificultades para reproducir figuras ou composicións tipo tangram,...
-memoria: boa memoria verbal, dificultades para a memoria visual e episódica (experiencias vividas)
-funcións executivas: desorganización cos materiais, obxectos persoais, dificultade para planificar as tarefas, pouca flexibilidade cognitiva
-razonamento: bo razonamento verbal e dificultades no razonamento visoespacial
-socialización: dificultades para  identificación de elementos non verbais: xestos, posturas, tons de voz, expresións faciais,...
-emocións: inmadurez, problemas conducta , risco de ansiedade,...
-lectoescritura: dificulatdes para realizar esquemas, resumes,...caligrafía de baixa calidade, desorganización nas redaccións, escritura lenta,...
-matemáticas: dificultades na numeración, no cálculo, nas operacións, na resolución de problemas,...
 Porén deberemos adecuar a resposta educativa ás diferentes características e necesidades, ritmos e estilos de aprendizaxe, motivacións, intereses e situacións sociais e culturais deste  alumnado (art. 3, D. 229/2011)
Os ámbitos de intervención deberán estar centrados no ámbito educativo (aprender a conocer), no ámbito competencial (aprender a facer), no ámbito social (aprender a estar e convivir) e no ámbito afectivo-emocional (aprender a ser).
Os principios de intervención educativa serán preferentemente a normalización e inclusión; equidade, igualdade de oportunidades e non discriminación; flexibilidade e accesibilidade; interculturalidade e promoción da convivencia; interdisciplinariedade, a coherencia, un carácter integral, a actividade, a significatividade e a construcción das aprendizaxes, a globalización e interdisciplinariedade, as aprendizaxes contextualizadas e situadas (Lave e Wenger).
As medidas a ter en conta serían (art. 8, 9 D. 229/2011):
-adecuación da estructuras organizativas da aula
-adecuación do ambiente-escenario de aprendizaxe (espazos, tempos, recursos)
-apoio de profesorado
-apoio especializado de PT e de AL (medida extraordinaria)
-adecuación da tipoloxía de actividades non sobrecargando  con tarefas de copiado, grafomotricidade, complementar as tarefas propostas con guía ou apoio verbal e visual (calendario visual), explicacións verbais claras e concretas, esquemas-mapas mentais-burbullas de coñecemento que estructuran o aprendido, plantillas para resolución de problemas, reducir a complexidade de textos, usar plantillas, ...
-programas específicos personalizados: desenvolvemento habilidades motoras, visoespaciais, funcións executivas, desenvolvemento afectivo-emocional, estratexias visoespaciais, matemáticas funcionais, estratexia sde comprensión lectora ...
-programas de HHSS

Se fose neceario botariamos man de medidas extraordinarias como A. curriculares, Agrupamentos flexibles,


DEIXATE ENGAIOLAR: PROPOSTAS LITERARIAS PARA ADULTOS

A Mestra Clara Torres fainos unhas propostas de lectura para que nos deixemos ENGAIOLAR nestas vacacións de Semana Santa.
Ler para compartir emocións, para soñar, para pensar, para evadirse,...



lunes, 3 de abril de 2017

ARTE NA BIBLIOTECA

A continuación amosamos o traballo desenvolvido na aula de Ribadelouro no que se integra o traballo por tarefas integradas, o desenvoñlvemento de competencias, a integración de diferentes modelos de pensamento ou procesos cognitivos,...

ENLACE

CALENDARIO DE APRENDIZAXES FUNCIONAIS MES DE ABRIL

Xa estamos en abril de 2017.
Proposta de actividades para desenvolver en familia que promoven aprendizaxes funcionais: ler en familia, escribir ou debuxar a lista da compra, recoller o cuarto, axudar a elaborar un prato de comida,...