Páginas

viernes, 17 de febrero de 2017

PAUTAS DE INTERVENCIÓN PARA A TARTAMUDEZ OU DISFEMIA

Ás veces, de xeito máis ou menos aillado, observamos nos nosos fillos e fillas certas repeticións e pausas prolongadas na fala.

De súpeto, xurde o temor de que sexan tartamudos.

Debemos ter en conta que a idades temperás se hai dificultades na articulación e normal que aparezan pequeños episodios de “tartamudez”. Pero estes se correxirán en canto mellore a tonicidade e axilidade da musculatura bucal.
**É importante non preocuparnos en exceso.

Vos recomendamos estas PAUTAS DE ACTUACIÓN cando faledes cos vosos nenos e nenas:

  • Evitar a corrección cando fale.

  • Evitar críticas, burlas ou castigos.

  • Non completar a palabra que quere dicir.

  • Darlle todo o tempo que necesite para falar.

  • Non poñer cara de susto, ou amosar impaciencia con eles.

  • Estimular e fomentar un clima de comunicación.

  • Compartir e realizar xogos non directivos cos nosos fillos.

  • Contarlle contos.

  • Correxirlle so en casos moi específicos e de xeito positivo (con expresións do tipo “es un campeón”, “moi ben”,…).

  • Proporcionarlle un clima relaxado no fogar, que estimule a fala do neno.

  • Escoitalos atentamente.

  • Falarlle de xeito pausado para que imite esos modos de expresión.


Patricia Alonso, Mestra de A.L.