Páginas

martes, 26 de abril de 2016

O DESENVOLVEMENTO DA AUTONOMÍA E DOS HÁBITOS DE ESTUDO




O xoves día 28 de abril teremos a 3ª sesión da Escola de Nais  e Pais organizada polo Dto. de Orientación  do centro  e na que colabora Servizos Sociais do Concello.
Lugar: Sala Félix Rodríguez (parte traseira da Área Panorámica)
Hora: 18,00 horas
Temática: O DESENVOLVEMENTO DA AUTONOMÍA E OS HÁBITOS DE ESTUDO" (Dna.Pilar Blázquez)
Agardamos por vós!
Xefa do Dto. de Orientación (T. Domínguez)

UNHA ESCOLAMA DE FRASES DA SESIÓN:
-DEIXALOS FACER: É IMPORTANTE QUE APRENDAN A EQUIVOCARSE E A VOLVELO A INTENTAR (POIS FAVORECE SEGURIDADE EMOCIONAL)
- RETIRAR AOPIOS PROGRESIVAMENTE
-OFRECER SEGURIDADE SE PIDEN AXUDA
-AS TAREFAS DESENVOLTAS NON SEMPRE DEBEN SER COMPENSADAS


A AUTONOMÍA PERSOAL É PRECISA PARA O DESENVOLVEMENTO XERAL, PARA A COGNICIÓN, ... E FAVORECE O AUTOCONTROL, A CONCENTRACIÓN, A TOMA DE DECISIÓNS, A ATENCIÓN.
NON PODEMOS PEDIRLLE AO  ALUMNADO DESENVOLVEMENTO E MADUREZ SE ANTES NON FORON PASANDO POR DIFERENTES DESENVOLVEMENTOS: PERCEPTIVO, SENSORIOMOTOR, VESTIBULAR, PROPIOCEPTIVO,...
A AUTONOMÍA PERSOAL, O ESFORZO, A MOTIVACIÓN, AS GANAS DE FACER .... PREVEÑEN A FATIGA, A FRUSTRACIÓN, AS DIFICULTADES,...
A CONTINUACIÓN ALGUNHA IMAXE: