Páginas

jueves, 9 de julio de 2015

A ORTOGRAFÍA DAS EMOCIÓNS

Julia Fernández experta en educar os sentimentos, dende os sentimentos establece que as persoas, os seres humanos que teñen un control emocional  son quen de sobrevivir mellor e son capaces de xerar cuestións positivas  pois saben o que lles gusta,  o que lles apetece,...


No seu libro plasma diferentes historias que falan de emocións, de sentimentos.
As propostas traballan a ansiedade, o medo, os nervos, o temor, o estrés,... pero tamén a ledicia, o benestar, a felicidade, o optimismo, a fantasía,....
Palabras da autora que vai en busca da felicidade: "Percorrín moitos mundos na busca da felicidade, e ela estaba ahí, agochada en mín”. Esta es una de las reflexiones que aparecen en los relatos del libro “Pequenas historias. Para falar de emocións e sentimentos” (Galaxia) que acaba de llegar a las librerías. La idea central del libro es que también se puede enseñar a ser feliz y a controlar las emociones y cuanto antes se haga mejor"
A Editorial apunta o seguinte:
 "Sabemos como explicar Xeometría ou Historia da Arte, pero como falar de sentimentos? Como abordar a complicada mestura que nos nace dentro do corazón coas emocións provocadas polos acontecementos, os pensamentos, os amores, as esperanzas, en definitiva, por todo o que nos vai pasando na vida?
Neste libro, a autora, profesional da educación de longa experiencia (traballou durante moitos anos en aulas hospitalarias), explícanos como abordar o complexo mundo das emocións e dos sentimentos para, ademais de saber como tratar con elas, saber como entendelas, xestionalas e, no fondo, vivir mellor.
Un texto útil que nos permitirá entendernos mellor.
A parte final do libro, ademais, contempla unha fermosa sorpresa literaira e artística..."
.