21 de maio: ACCIÓN DE APRENDIZAXE SERVIZO
En TUI celebrouse o 3º MERCADILLO SOLIDARIO onde trocamos libros por ALIMENTOS.
Moitas editoriais participaronn na campaña de recollida de libros: OQO, KALANDRAKA, XERAIS, ANAYA, IR INDO, GALAXIA
A cidadanía tamén participou entregando libros na RADIO MUNICIPAL
O alumnado ofreceu ideas para a realización da publicidade que daba inicio á campaña de recollida de libros para trocar por alimentos:
Tamén catalogaron, inventariaron e comprobaron o estado dos libros:
Cada libro leva un selo conmemorativo para que a cidadanía SEMPRE o lembrase.
Moita ilusión por recoller alimentos!
Xuntamos 300 kgs. de alimentos que entregamos aos SERVIZOS SOCIAIS do CONCELLO.
Ese mesmo día quixemos continuar dando vida ás prendas de vestir e realizamos o terceiro mercadillo solidario de roupa.
Sabedes que foi moi fermoso contemplar a outra vida das prendas de vestir?
Vos explicamos: as persoas que vedes nas fotografías de abaixo levan prendas que trocaron por alimentos nos mercadillos anteriores.
A solidariedade fai posible que todos compartamos.