Páginas

jueves, 18 de septiembre de 2014

CALENDARIO COMPETENCIAL DE SETEMBRO

Seguimos coa nosa sección CALENDARIOS COMPETENCIAIS e no mes de setembro  existen variadas e atractivas propostas para que as aprendizaxes escolares cobren vidae significatividade pois solo se producen aprendizaxes competentes se somos quen de polos en práctica, de resolver problemas na vida cotiá.
Ademais os fillos e fillas sentiranse acompañados no seu proceso de aprendizaxe, percibirán que a súa familia recoñcece o seu esforzó, se implica e se compromete con eles e que a educación é unha tarefa compartida. Deste xeito teremos fillos e fillas máis competentes e que acadan maiores cotas de éxito escolar, que son cada vez máis constantes, máis perseverantes e con ganas de realizar as tarefas ainda que leven tempo.
Alguna das proposta sdeste mes son:
-describir e nomear os obxectos que estean nos caixóns dos mobles da sala ou cuarto
-visitar fontes
-ordear o cuarto, limpar o polvo e pasar a fregona na cociña
-buscar novas  da aldea ou concello nos xornais
-facer a lista da compra con imaxes ou palabras
-facer unha andaina polos entornos fluviais
-asistir a unha actividade deportiva,…

Para poder visionalo premede no seguinte enlace:
https://dl-web.dropbox.com/get/calendarios/SETEMBROO%2014_2.pdf?_subject_uid=150099369&w=AADb-QXsgl4MNC-tcHMC7gmvYFToKs1joXP-oLeLknZ6XA