Páginas

lunes, 14 de abril de 2014

CANTA VIDA DEMOS ÁS PRENDAS DE VESTIR! (VOZ NATURA)

O xoves 10 de abril tivo lugar o primer mercadillo solidario onde demos outras vidas ás prendas de vestir recollidas. 
Os días previos  tamén tiveron moito traballo colaborativo.




O día chegou e as 8,30 horas xa estabamos a traballar!


Tiñamos o noso cartel publicitario

 A nosa "empresa" LA CASA DE CHOCOLATE xa estaba en marcha!


Tamén tiñamos vendedoras e vendores preparados! Xa nada podería sair mal!






Non se paraba de trocar prendas de vestir por alimentos!




Foi un rotundo éxito e recollemos MEDIA TONELADA de alimentos que xa foron entregados a CÁRITAS e SOS BAIXO MIÑO.

O Sr. Alcalde de Tui e moitos dos seus Concelleiros tamén visitaron o posto de venda.
As nosas vendedoras e vendedores merecían un descanso e un refrixerio.

Foi un día intenso e con moita colaboración cidadá:
-Unha empresa encargouse de transportar as prendas de vestir (VERDEAZUL)
-Froiz prestounos uns carros para depositar os alimentos
-O Concello instalou e montou o posto
-Persoas de Tui axudaron a descargar