Páginas

lunes, 17 de febrero de 2014

META NO FALADOIRO: O ÉXITO EDUCATIVO (ÉXITO PERSOAL, ÉXITO SOCIAL, ÉXITO ESCOLAR )

FALADOIRO: VENRES 28  febreiro
META: O ÉXITO EDUCATIVO          

Cando estamos a falar de éxito educativo debemos ter en conta que é o resultado de diferentes procesos amalgamados, enxergados como un todo, un "continuo" onde non se percibe o inicio dun e onde remata o derradeiro proceso. Conforman unha COM-UNIÓN perfecta que resulta indisoluble. O ÉXITO EDUCATIVO vai xunguido, indefectiblemente, AO  ÉXITO ESCOLAR, ÉXITO PERSOAL, ÉXITO NAS RELACIÓNS SOCIAIS,...

O éxito educativor é un todo MULTIDIMENSIONAL E MULTICONTEXTUAL.

Entre  os contextos (formal, informal e non formal)  temos a familia, a escola, as administracións educativas, a sociedade, o cine, a televisión, as redes sociais, os iguais, ... e entre  as dimensións podemos establecer: o esforzo, a motivación a atención, a memoria, a percepción, ganas de aprender, hábitos de traballo e de estudio, aprender a pensar, educación emocional, iniciativa e autonomía persoal,  motivación de logro, a percepción das familias sobre os fillos e fillas, habilidades sociais,  educación en valores,...entre outras


Pero para que ese ÉXITO EDUCATIVO vaia creándose e conformándose con garantía e con posibilidades nun ser humano debe partir  dunha axeitada valoración de si mesmo que conleva tres compoñentes básicas:


·         perceptiva: A AUTOIMAXE, AUTOPERCEPCIÓN (como nos vemos)

·         cognitiva: O AUTOCONCEPTO (como pensamos que somos)

·         afectiva: A AUTOESTIMA (como nos valoramos)

Sen o ámbito anterior ben desenvolvido é moi posible que nada se poida acadar  e o éxito sexa unha proceso "amorfo" e sen sentido.

É imposible que se nos pida atención, concentración, tempo de estudio, resolución de tarefas ou exercicios se a miña autoimaxe é negativa e non me gusto, se o meu autoconcepto non resulta satisfactorio (ou se a miña familia non ten unha boa percepción de min) e se a miña autoestima é baixa e penso e sinto que "son incapaz de facer nada"," todos o fan mellor", "os demáis din que sempre suspendo",...

SOMOS CORAZÓN E PENSAMENTO!


DEBEMOS SER PENSAMENTOS QUE SENTEN, SENTIMENTOS QUE PENSAN!