Páginas

viernes, 28 de febrero de 2014

DEIXATE ATRAPAR POR,...AS PROPOSTAS LITERARIAS DO SR. CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN

SECCIÓN: PROMOCIÓN DA LECTURA FAMILIAR

Tódolos libros propostos na sección poden ser atopados na BIBLIOTECA do centro como ESPAZO PARA A LECTURA, A INFORMACIÓN, A FORMACIÓN E AS APRENDIZAXES FAMILIARES.

A sección mensual DEIXATE ATRAPAR POR….. inicia o seu camino coas as propostas literarias do SR. Conselleiro de Cultura e Educación.

D. Jesús Vázquez Abad  ficou atrapado na súa infancia pola obra  de X. NEIRA VILAS,  MEMORIAS DUN NENO  LABREGO

MEMORIAS DUN NENO LABREGO

XOSÉ NEIRA VILAS

·                    Se “Memorias dun neno labrego” é un libro que me ten engaiolado é porque con él cheguei a experimentar a fascinación polo máis auténtico, polo máis sinxelo, polo máis próximo, desde a inocencia e a sinceridade do mundo da infancia. E me segue a seducir porque nos fala de quen somos e de onde vimos, e o fai desde esa confesión inicial que o autor nos crava no corazón desde o primeiro momento: “Son Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen di un ninguén”.
·                    O que máis me chama a atención é como Balbino é capaz de dar respostas sinxelas á preguntas complicadas. Respostas sinxelas e sinceras que nos descobren a verdade da nosa orixe: a verdade dos nosos avós, das nosas nais e dos nosos pais. Por isa proximidade consegue emocionarme, e por iso eu tamén estou convencido de que os galegos somos todos un pouco Balbino.
·                    Por todo isto, o libro de Neira Vilas é emocionante, un libro que él mesmo non pensou para os nenos, pero que os nenos o fixeron seu, como ven sucendendo con tantos clásicos que pasaron a chamarse “clásicos xuvenís”.
Na súa etapa adulta deixouse atrapar pola marabillosa obra A ESMORGA de E. BLANCO-AMOR e escríbenos os motivos que o levaron a esa elección:


A ESMORGA

EDUARDO BLANCO-AMOR


·                    Houbo dous aspectos que me atraparon na Esmorga: a potencia lingüística ao servizo da narración duns feitos que desembocan en traxedia e que nos trasladan a un mundo sórdido no que non están exentos a imaxinación, a fantasía e o devezo por unha vida mellor.; e o feito de que se desenvolvera na ficticia cidade de Auria que, como todo o mundo sabe, ven sendo o noso Ourense. A pouco que nos fixemos no percorrido que Blanco Amor fai dar aos seus protagonistas, a novela discurre polo Posío, o río Barbaña, a ponte da Burga, o barrio da Ferrería, a Praza do Correxidor, a fonte de San Cosme, etc…
·                    No trasfondo da Esmorga, Blanco Amor disecciona uns personaxes marxinais, primarios que contrapón a un establishment onde a lei non só presume de ser cega senón tamén mesmo muda, cun xuiz que non fala. O autor nos debuxa unha realidade sociolóxica na que os protagonistas deambulan á intemperie víctimas da opresión e a carencia de xustiza. Unha realidade diseccionada con mestría que, por certo, anda estes días nas cámaras que dirixe o ourensán Ignacio Vilar, artífice dunha nova película sobre esta gran novela.

Agora chega o momento dos lectores!

A disfrutar!