Sempre existe un cine que nos mira.
Disfrutemos das historias de cine de Educación Infantil e Educación Primaria
Agora solo temos que poñernos en situación e a vivir ou revivir as historias.
Sempre existe un cine que nos mira.
Disfrutemos das historias de cine de Educación Infantil e Educación Primaria
Agora solo temos que poñernos en situación e a vivir ou revivir as historias.
E as familias teñen que ler, deben ler pois as nenas e nenos serán grandes lectoras e lectores se teñen modelos adultos para imitar.
Propostas lectoras para adultos:
A ler! A disfrutar lendo! A imaxinar lendo! A vivir lendo! A crear lendo!
Sempre ler para soñar, para imaxinar, para rir, para lembrar, para aprender, para crear ...
As propostas lectoras para Educación Infantil van de ratos que viaxan, de mariposas e dragóns ou historias diferentes.
En Educación Primaria as propostas lectoras escritas por MULLERES viaxan a Malasia, cos unicornios, polas estrelas ou mesmamente aparecen uns peisadelos e SEMPRE historias para imaxinar.
Agora deberedes atopar ese recanto especial para ler, para ler en familia.
Non estamos a falar de simplificación do currículo senón de que os novos contidos dean resposta a unha sociedade do s. XXI e que teña en conta os profundos cambios culturais.
Debemos ter claro que tampouco se está a falar de incrementar contidos ao ter que integar os ODS senón de satisfacer as novas demandas culturais ou de cambios metodolóxicos para o logro dos aprendizaxes desexados.
Todo é máis complexo e de natureza diferente: Necesitamos avanzar na construcción dunhna nova síntese entre contidos escolares e competencias que poida contar coa estreita colaboración dos centros educativos. Esta nova síntese requerirá un traballo moi serio de integración curricular, pero, sobre todo, requerirá dun traballo moi serio e moi cuidadoso de todos os axentes educativos para alinear axeitadamente as súas decisións e as súas accións. Neste sentido, debemos ter moi presente que é a través do currículo como as sociedades identifican e agrupan as competencias requeridas en significativas experiencias de aprendizaxe, pertinentes e satisfactorias para todo o alumnado.
Por todo o anterior, a maioría de países emprenderon ou están no proceso de emprender reformas curriculares cara a enfoques basados nas competencias, que permiten a todos desenvolver competencias para facer fronte aos desafíos actuais e futuros, o que -paralelamente- esixe que os currículos sexan sistemas de aprendizaxe permanente, capaces de renovarse e innovar constantemente.
As
competencias son un novo tipo de aprendizaxe e este termo asociado de “competencias chave” utilízase como soporte
para a resolución dun problema social recurrente: a selección dos
aprendizaxes básicos que toda sociedade realiza, para que calquer
persoa poida ser considerada unha persona educada.
Todos os cambios que se aveciñan e que aparecen reflectidos na LOMLOE (2020) están baseados no que o IBE (International Bureau of Education) da UNESCO. O IBE, con ubicación en Xenebra é a rama académica da UNESCO que promove que os sistemas educativos adopten currículos competenciais transformando a experiencia de aprendizaxe dos nenos e nenas para dar resposta aos grandes retos globais. A finalidade última do cambio curricular que se propón non é outra que transformar as experiencias de aprendizaxe nas aulas para que poidan contribuir a desenvolver modos de vida sostibles.
A paradoxa de toda educación é que tratamos de educar ás persoas para un futuro que en boa medida non coñecemos, de aí a dificultad de saber que tipo de experiencias merece a pena vivir na escola e fóra dela. Sabemos, eso sí, que a educación será sempre a ponte entre o presente e o futuro e que desempeñará un papel decisivo no logro dun futuro mellor.
Non sabemos con certeza como será o mundo en que vivirá o noso alumnado actual, pero si sabemos moi ben como nos gustaría que fose e, en consonancia, temos o deber de preparalos para ese mundo, unha preparación que mire tanto ao presente como ao futuro, respondendo asi a dúas das metas dos ODS:
Meta 4.3. De aquí a 2030, asegurar el acceso igualitario de todos los hombres y las mujeres a una formación técnica, profesional y superior de calidad, incluida la enseñanza universitaria.
Meta 4.4. De aquí a 2030, aumentar considerablemente el número de jóvenes y adultos que tienen las competencias necesarias, en particular técnicas y profesionales, para acceder al empleo, el trabajo decente y el emprendimiento.
As competencias: algunhas propostas para a
selección
A incorporación das competencias aos sistemas educativos dos países membros da Unión Europea, seguindo a recomendación do Parlamento Europeo e do Consello, de 18 de decembre de 2006, sobre as competencias clave para a aprendizaxe permanente [Diario Oficial L 394 de 30.12.2006] é un gran reto, para os países europeos e para as Ciencias da Educación, que deben contribuir a xerar base de coñecemento que permita aos sistemas educativos resolver os problemas de entropía xerados polos cambios nos sistemas sociais.
No noso país, as competencias clave permaneceron como unha referencia constante nas dúas derradeiras leis educativas, ainda que con lixeiras modificacións na súa formulación do modelo curricular que lle proporcionaba o seu marco xeral. fan a súa aparición na Lei Orgánica de Educación (LOE, 2006) e se manteñen na Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade (LOMCE).
Na nova Lei orgánica (LOMLOE 3/2020) non aparecen o nome das competencias clave, pero é moi probable que na elaboración dos novos Reais Decretos de ensinanzas mínimas se incorpore unha actualización do perfil competencial realizado pola Unión Europea no ano 2018:
Un camiño preñado de oportunidades e de novos retos se sitúan ante nós.
Para as propostas lectoras para o alumnado de Secundaria son historias escritas por mulleres que teñen premio e segredos sen esquecer un escarabello.