Páginas

jueves, 30 de enero de 2020

PROTOCOLO INTERVENCIÓN PSICOEDUCATIVA DISLEXIA/DEA




Tal como aparece reflectido no Protocolo para a Intervención Psicoeducativa da dislexia e outras dificultades específicas de aprendizaxe (DEA) "a competencia en lectura e escritura, unha das oito competencias clave que establece a Recomendación do Consello da Unión Europea do 22 de maio de 2018, relativa ás competencias clave para a aprendizaxe permanente, constitúe, en opinión de dito Consello, “a base da aprendizaxe posterior e a interacción lingüística sucesiva”, por tratarse da “habilidade de identificar, comprender, expresar, crear e interpretar conceptos, sentimentos, feitos e opinións de forma oral e escrita, mediante materiais visuais, sonoros ou de audio e dixitais nas distintas disciplinas e contextos. E iso implica a habilidade de comunicarse e conectar eficazmente con outras persoas, de forma adecuada e creativa”.
Por outro lado existen tamén outras dificultades relacionadas co cálculo que inciden nas aprendizaxe e deben ser intervidas e detectadas de forma temperá.

martes, 28 de enero de 2020

HIPERPROTECCIÓN

Iniciamos esta entrada con varias frases rotundas:

“La hiperprotección se convierte en una condena para el bebé”

“Lo que somos y cómo nos va en la vida depende de muchas cosas, entre ellas, de lo que pasó en su inicio; incluso antes de nacer"

“El chupete no es necesario y se paga un alto precio por usarlo”

Se tomamos as palabras de Iñaki Pastor e as analizamos reflexivamente atoparemos fórmulas para educar máis e mellor.

Estas palabras nos levan a pensar que se queremos fillos e fillas autónomos, seguros de sí mesmo, con iniciativa deberemos desbotar da crianza a superprotección. Esta superprotección non ten nada que ver con abrazar, bicar, tocar, sentir cos fillos e fillas que favorecerá un desenvolvemento e crecemento equilibrado.

A superprotección está relacionada con facerlles o que eles poden facer sós, con non deixalos explorar, equivocarse, etc.

Establece a necesidade de manter unha linguaxe expresiva, cara a cara cos fillos e fillas. Disfrutar de cada momento cos fillos e fillas ofrecendo tempo de calidade e non só tempo.

En canto ao uso do chupete dinos que nais e pais deben buscar estratexias alternativas ao uso do chupete pois a mensaxe que recibe o neno ou a nena cando lle damos un chupete para que se calme e que cada vez que se poña nervioso-a debe comer algo.

Recomendamos o seu libro:

 



lunes, 27 de enero de 2020

INTEGRACIÓN CURRICULAR ODS, FLORENCIO LUENGO


O día 21 de xaneiro tivemos na nosa ESCOLA DE NAIS E PAIS a través da RADIO MUNICIPAL de TUI a participación de Florencio Luengo, Coordinador do Proxecto Atlántida e experto nacional e internacional en CCCC, escola-familia-comunidade, Integración curricular de ODS, etc.
A intervención versou sobre que son os ODS, como se poden implementar nos centros educativos e a importancia de ter presente que debemos educar alumnos e alumnas competentes, solidarios, críticos, reflexivos, comprometidos,... e a integración destes ODS farao posible.
Estes Obxectivos de Desenvolvemento sostible constitúen o marco mestre para acadar un futuro sostible polo que os centros escolares e a sociedade deben establecer desafíos, retos,... para erradicar a pobreza, a desigualdade, mellorar o clima ou a degradación ambiental,...

Según Luengo "los Objetivos de desarrollo sostenible (ODS) constituyen el mayor reto al que la humanidad se han enfrentado desde su aparición en este pequeño plantea que llamamos Tierra. Cada objetivo incluye un conjunto de metas globales que señalan aquellos logros que la humanidad, en su conjunto, debe alcanzar en los próximos años (el limite está fijado en 2030). Pues bien, entendidos de esta forma, los retos también son una de las mejores expresiones de la innovación educativa. Los retos educativos, como lo que aquí proponemos, ponen de manifiesto la capacidad de superación de todos sus protagonistas (profesorado, alumnado, familia, escuela…etc.), dado que se encuentran siempre en el límite del potencial de desarrollo de las personas que conforman cada uno de los equipos.
Los retos son situaciones de aprendizaje muy abiertas que ofrecen la oportunidad para que un equipo de personas pueda realizar actividades que le permitan alcanzar un propósito definido asociado a la búsqueda de un nuevo estilo de vida que contribuya al desarrollo humano sostenible"


Se queredes escoitar a intervención premede no seguinte enlace:

SESIÓN 1 2020: INTEGRACIÓN CURRICULAR ODS, FLORENCIO LUENGO

viernes, 17 de enero de 2020

ESCOLA DE NAIS E PAIS 2020




Iniciamos unha nova andaina desta Escola de Nais e Pais realizada a través da Rdio Municipal de Tui.
Un proxecto dinámico, diverso, inclusivo onde nais e pais, docentes poidan ter un recurso para unha nova educación baseada na innovación, en novas formas de educar, de plantexar aprendizaxes, de como integrar novos contidos que fagan posible un desenvolvemento de ODS no currículo, de desenvolver estratexias de educación emocional, educar no asombro e na realidade ou de promover estratexias para previr delitos telemáticos.
A derradeira sesión está enmarcada en visibilizar as fortalezas do sistema educativo en Galicia a través das palabras da Sra. Conselleira de Educación: Plans e proxectos de innovación, Clubes de ciencia, Educación Responsable, Bibliotecas Solidarias, Contratos-programa, ...

martes, 14 de enero de 2020

DÍAS DE CINE

O cine olla para nós e nós atopámonos en moitas historias.
As propostas de cine para este mes de xaneiro son:
Cine en familia:



Cine para adultos:


Agora solo resta que vos deixedes seducir polas imaxes, pola música e polos fotogramas.

lunes, 13 de enero de 2020

XOGANDO COA CABEZA E AS MANS

Pediatras e psicólogos  (A. Peralejo, R. Fandiño) establecen que é necesario fomentar o xogo no que interveñen a cabeza e as mans. Os xogos deben favorecer a creatividade, a imaxinación, a memoria, o desenvolvemento motriz, as habilidades manuais.
Sempre debemos ter en conta que nas tardes en familia ou nas horas non lectivas a lectura debe formar parte delas. As nais e pais deben elexir momentos para compartir o momento do xogo e, polo tanto, os xoguetes deben favorecer esta posibilidade.
Outro aspecto a ter en conta é que a sobresaturación de xoguetes fai que perdan interese e motivación.
Os xogos deben  ofrecer a posibilidade de desenvolver o pensamento reflexivo, analítico, deliberativo ou creativo e as IIMM como a cinestésica, a lingüística, a interpersoal, a interpersoal, a espacial-visual ou mesmo a naturalista. 
Unha pregunta que nos podemos facer é: ferramentas tecnolóxicas ou videoxogos si ou non?
Estando no século XXI dominado polas TIC, TAC, TEP, TRIC é de supoñer que debemos contemplalos para xogar pero cun uso racional, controlado, reflexivo,....xa que promoven a planificación, resolver retos, coordinación visomotriz,  estimulación visual, a toma de decisións ou interese. Os videoxogos ou xogos en rede deben ser adecuados á idade das nenas e nenos. Non vale todo para todos-as pois o que pode ser unha posibilidade pode trocarse nun perigo ou nun proceso de desaprender. 
Por último, o máis importante é o aspecto lúdico pois a posibilidade de aprender aprecerá mentas se xoga.

LEMOS?

Iniciamos un novo ano e, polo tanto, hai novas propostas lectoras para as nenas e nenos de E. Infantil, E. Primaria e adultos da familia.

As historias agochadas poden aparecer nunha caixa, estar nun bosque, nas liñas dos soños, nunha furgoneta branca ou ter as uñas de cores.
Se os adultos queren ler tamén poden engaiolarse coa historia fantástica, sensible dunha flor ou deixarse asulagar coa historia da cor púrpura ou a cara norte do corazón.
Historias de mulleres narradas por mulleres.
E. Infantil


E. Primaria


Adultos



viernes, 10 de enero de 2020

CALENDARIO COMPETENCIAL:ACTIVIDADES BÁSICAS PARA A VIDA



O Calendario Competencial deste ano 2020 leva unha adicatoria especial ás MESTRAS DE SEMPRE. En xaneiro visibilizamos á JOSEFA POZA MOURIÑO do Concello de As Neves.
As aprendizaxes que se realizan en familia e dentro da contorna social, cultural e natural son moito máis significativas e duradeiras.
Este calendario “COMPETENTE” ten a finalidade de facer posible o principio da EDUCACIÓN COMO TAREFA COMPARTIDA, EDUCACIÓN COMO COMPROMISO.
Non é novo que a educación debe sustentarse en tres piares fundamentais: A FAMILIA, A ESCOLA e a SOCIEDADE.
Coas transformacións sociais actuais urxe dotar ás familias de estratexias para o desenvolvemento de competencias básicas na contorna social, cultural e familiar.
Deste xeito as familias serán co-partícipes activas do proceso educativo dos fillos e das fillas.
E o esforzo compartido que se preconiza dende a LOE 2/2006 e a LOMCE 8/2013 será unha realidade
A finalidade será dinamizar aprendizaxes básicas para a vida dende enfoques competenciais.
Por outra parte, o medio social, natural, cultural é o mellor recurso curricular para aprender, para pensar, para pescudar, …
 Dende hai uns anos resulta prescriptivo integrar no currículo COMPETENCIAS CLAVE para poder desenvolverse de forma eficaz, exitosa na sociedade actual e futura.
O seu desenvolvemento debe iniciarse dende o comezo da escolarización para que a súa adquisición se realice de forma progresiva  e coherente. Serán o referente para a práctica educativa e o paradigma educacional debe ser  o de aprender a aprender e aprender facendo.
No calendario aparecen propostas de aprendizaxe colaborativo  lecer con andainas, buscas do tesouro , de educación ambiental con reciclado, consumo responsable de luz e auga, suxerencias de lectura e cine, pautas para o desenvolvemento exitoso da fala e da linguaxe, a atención, a percepción, educación para a saúde  con creación de menús saudables, corresponsabilidade no fogar, valores, percepción e discriminación visual e auditiva,...
Dende o proceso de e-a poderase contribuír a mellorar esta competencia sempre que se permita imaxinar, emprender accións, desenvolver proxectos individuais ou colectivos con creatividade, confianza e responsabilidade. O paradigma educacional  sobre a forma de aprender e de ensinar non se debe  a acumulación de coñecementos, senón o desenvolvemento das posibilidades que posúe calquera das nosas alumnas e alumnos mediante fórmulas «de saber» e «de facer» contextualizadas á vida cotiá.
 O noso desexo é que este calendario favoreza o desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual de fillos e fillas, pais e nais e demáis membros da familia dun xeito divertido, comprometido e en familia xa que ofrece estratexias para mellorar a atención, a memoria, a iniciativa, a autonomía, a escoita activa, o pensamento reflexivo e deliberativo, a posibilidade de resolver situacións, de falar máis e mellor, de compartir, etc.
É un dereito de fillas e fillos que os seus proxenitores ou titores-as legais se impliquen e comprometan na súa educación e é un dereito das familias que dende os centros educativos posibilitemos ferramentas, estratexias ou actuacións para poder implicarse e compartir esa educación. 


Iniciamos o mes de xaneiro de 2020 e temos propostas para desenvolver no fogar cos fillos e fillas de E. Infantil:
-planificar actividades de lecer en familia
-realizar unha axenda cos números de tfno. de familiares e amigos
identificar obxectos da cociña, o seu nome e utilidade
-ver fotografías de familiares identificando os seus membros e asociando nome e parentesco
-fotografar agasallos recibidos o día de Reis
-buscar en familia fotos de mulleres que recibiron o Premio Nóbel da Paz
-crear cuñas publicitarias sobre libros ou recetas de cociña
-poñer a mesa e ordenar o cuarto,...
Estas actividades promoverán que sexan cada vez máis competentes, que teñan cada vez máis autonomía, que se perciban máis útiles e con máis iniciativa, que sexan máis reflexivos e críticos,...
Aproveitade as posibilidades das propostas deste calendario


Mes de xaneiro E. Infantil



Para os nenos e nenas de E. Primaria tamén temos actividades para realizar en familia. No contexto familiar se educa e se aprende. Non desaproveitemos as oportunidades de aprender xuntos!
Algunha proposta é:
-elaborar unha lista coas normas de xogos das damas, xadrez ou sudokus
-fotografar plantas que hai na casa, na leira identificando o seu nome
-elaborar unha lista da compra para facer unha torta de mazá ou améndoa
-cociñar en familia pan de noces
-gravar a receita
-tempo de ler en familia
-crear podcast de cine, literatura ou alimentación saudable