Debemos ter en conta que o prisma da inclusión debe integrar a este alumnado e que deben ser avaliados tendo como referentes o contexto persoal do alumno ou da alumna, o contexto escolar e familiar. Os ámbitos obxectos de avaliación son:
-Intelectual e aptitudinal.
-Pensamento diverxente e creatividade.
-Personalidade e axuste socio-emocional
As medidas educativas estarán centradas en: programas de HHSS, adecuación da estructura organizativa do centro e da organización e xestión da aula , adecuación das programacións didácticas, metodoloxías baseadas no traballo colaborativo, TEI, ABP, A. por Proxectos, desdobramentos de grupos, Programas de Enriquecemento curricular, reforzo educativo e apoio de profesorado.
Un dos modelos educativos de
enriquecemento curricular que mellores resultados académicos logra obter nas
últimas décadas é o Modelo de Enriquecemento Escolar (SEM) para todo o alumnado (
Schoolwide Enrichment Model), de aquí en diante modelo SEM de Joseph Renzulli e
Sally Reis (Renzulli, 1977; Renzulli & Reis, 1985, 1997). Trátase dun plan
organizativo de enriquecemento e intervención educativa pensado, nun primeiro
momento, para estudantes cun rendemento superior ou avanzado pero que, hoxe en
día, é de aplicación a todo o alumnado, unha vez comprobadas as vantaxes e
beneficios que reporta e oferta desde a investigación e a propia praxe
educativa.
A información que aparece nas súas páxinas demanda ás comunidades Educativas a necesidade de ofrecer respostas a este tipo de alumnado que ten, entre outras características:
- Adquiren aprendizaxes temperás de
xeito autónomo.
- Normalmente son rápidos ou rápidas na
adquisición e retención da información.•Amosan unha gran curiosidade
intelectual.
- Fan moitas preguntas, algunhas das
cales poden chegar a ser desconcertantes para a súa idade.
- Gozan
resolvendo problemas e coa actividade intelectual
- Ven as relacións causa-efecto. Teñen
habilidade para conectar e establecer relacións entre datos aparentemente dispares
- Teñen habilidade para manexar
abstraccións
-
Presentan un razoamento particular,
interpretando a realidade e a información dunha maneira diferente ao habitual.
- Teñen necesidade de xustiza, de
verdade e de equidade (sentido ético)
-
Posúen riqueza de vocabulario e
facilidade verbal Expresan pensamento crítico cos e coas demais e consigo mesmos ou mesmas
-
Amosan gran capacidade de observación
-
Móstranse abertos ou abertas a novas experiencias
-
Posúen alta creatividade e inventiva
-
Gústanlles as formas novas de facer as cousas
-
Teñen facilidade para concentrarse e estar atentas ou
atentos, de forma ampla e sostida, nos temas do seu interese
-
Móstranse persistentes nas tarefas que lles resultan
atractivas.
- Presentan unha gran actividade mental.
-
Manifestan desagrado polas tarefas rutineiras e/ou
repetitivas. Son moi sensibles e poden presentar reaccións emocionais
intensas.
-
Son independentes, prefiren o
traballo individualizado.
-
Teñen intereses diversos, moitas
veces non coincidentes cos do seu grupo de idade.
-
Mostran gran sentido do humor, que
adoita ser peculiar.
-
Preocúpanse por temas
transcendentais, como a morte, a liberdade, a xustiza, a moral, etc
-
Son perfeccionistas.
-
Presentan desaxustes entre o nivel de
desenvolvemento cognitivo e a madurez socio-emocional
- Cústalles aceptar decisións cando non as entenden ou non atopan explicación razoada.
- Teñen preferencia por estar con
persoas adultas ou nenos e nenas maiores