Páginas

lunes, 15 de julio de 2019

SESIÓN DE CINE EN XULLO

Tempo para relaxarse, para disfrutar de bó cine!
As propostas son:
Propostas cinéfilas para E. Infantil


Propostas cinéfilas para E. Primaria en compañia das familias

Propostas cinéfilas para Adultos




viernes, 5 de julio de 2019

LECTURAS DE ADULTOS

Familias!
Queredes disfrutar de lecturas na beira do río, na beira do mar, á sombra da árbore,... ?
Aí van as propostas! Lecturas para pensar, para soñar, para imaxinar,...

miércoles, 3 de julio de 2019

LEMOS NO VERÁN?

Familias!
Queredes disfrutar de lecturas na beira do río, na beira do mar, á sombra da árbore,... ?
Aí van as propostas! Lecturas para pensar, para soñar, para imaxinar,...
Propostas para E. Infantil:




Propostas para E.Primaria





lunes, 1 de julio de 2019

CALENDARIO COMPETENCIAL XULLO




Xa estamos no verán e non queremos deixar de ofrecer ás familias propostas de aprendizaxes funcionais, aprendizaxes de vida contextualizados e situados para desenvolver cos fillos e fillas.
Lembrade que as familias son as primeiras responsables da educación dos fillos e fillas. No contexto familiar nenos e nenas aprenden a sentir, a convivir, a compartir, a escoitar, a disfrutar dunha posta de sol ou dun paseo polo río,...
OS CALENDARIOS COMPETENCIAIS DE  XULLO de 2019 pretenden axudar a desenvolver a competencia lingüística e tamén a intelixencia lingüística verbal, a competencia matemática e competencia en ciencias e tecnoloxía xunto coa intelixencia lóxica-matemática,  dinamiza o aprender a aprender, estimula habilidades para ter iniciativa, etc.
Amáis visibiliza a necesidade de conversar, argumentar, reflexionar, valorar, interpretar, estimar,...
Coas propostas farase posible que existan situacións de aprendizaxes ricas, dinámicas, creativas, contextualizadas a modo de paisaxes de aprendizaxe.
Ten como temática de igualdade a visibilización das MULLERES  no eido da LITERATURA, CINE, CIENCIAS OU MÚSICA.
Existen propostas de lectura e de cine para nenas e nenos de E. Infantil e de E. Primaria e para as familias.
Tamén se realizan proposta sde lecer nos concellos de Sanxenxo, Illa de Arousa,  A Guarda, Lalín, Marín, Meaño ou Vigo para descubrir faros, praias , petroglifos ou desfrutar dun paseo en Kayak pola illa de Cortegada.
Existen propostas de aprendizaxes de vida como:
elaborar almorzos, merendas, aprender adiviñas ou refráns, sesións de campionatos de memoria en familia, desfrutar dos sons da natureza (grilos, poupas, merlos, gatos, galos,...), fotografar árbores ou prantas,planificar actividades corresponsábeis, elaborar a lista da compra ou o presuposto do mes, conversar en familia sobre as manifestacións culturais da zona ou buscar ONG da zona para realizar colaboracións,etc.
Polo que vedes un abano amplo de posibilidades para VIVIR no mes de xullo.

Mes de xullo E. Infantil
Mes de xullo E.Infantil bis

Mes de xullo E. Primaria
Mes de xullo E. Primaria bis