Páginas

viernes, 30 de noviembre de 2018

POÉTICAS DIVERSAS

 Este curso debemos mergullarnos na poesía que está ao noso carón, que forma parte das nosas vidas e que pasa desapercibida.
Debemos ampliar as nosas miradas para educar na realidade, no máis cercano con vista de poetas. Con POÉTICAS DIVERSAS pretendemos promover "mirar" con outras miradas (miradas  da sensibilidade e do corazón) un poema, unha paisaxe, un recanto, un cadro, unha peza musical,... e,ao mesmo tempo, provocar a motivación interna do neno ou nena para que desexe, co seu asombro, descubrir o mundo disfrutando.
Cada poesía fala sen boca, cada posta de sol pinta sen pincel, cada árbore mece as súas follas e crea unha fermosa melodía,... Hai poesía ao sentir un abrazo, ao chapotear na auga ou entre follas, ao cobtemplar como escorregan as pingas de chuvia nos cristais da fiestra.
Ante nós o camiño da percepción que se debe educar e traballar para que existan posibilidades de sentir, de "mirar e escoitar" con emoción.
Propostas para realizar cos nenos e nenas nas aulas:

-POESÍAS VISUAIS CON ELEMENTOS DA NATUREZA (LANDART)
-CALIGRAMAS
-SONIGRAMAS: escoitamos unha peza musical e debemos expresar que nos suxire: medo, enfado, alegría, grito,...e a continuación, representamos plásticamenta esa peza musical
-MUSICOGRAMAS
-PAREADOS
-ILUSTRAR VERSOS LOGO DE ESCOITALOS A TRAVÉS DE AUDIOS
-ILUSTRAR POEMAS LOGO DE ESCOITALOS
-ESCOITAR PEZAS MUSICAIS E ADOCIALAS A EMOCIÓNS: LEDICIA, TRISTURA, SUSTO,..
-CREAR BODEGÓNS COS ALIMENTOS DOS ALMORZOS E FOTOGRAFIALOS
-DEBUXAR RECANTOS CON ENCANTO DE TUI LOGO DE ESCOITAR A DESCRICIÓN
-CLASIFICAR OU INVENTARIAR MÚSICA PARA BAILAR, DESCANSAR,...
-POETICA DOS ABRAZOS 
-BÚSQUEDA DE RIMAS EN TABOLEIROS DE ESCORNABOTS,...

Libros que merecen a pena para asulagarse nun mundo poético son:






Tamén a poesía visual de CHEMA MADOZ





martes, 27 de noviembre de 2018

LENDO E ESCRIBINDO CON: SOPA DE NADA

https://drive.google.com/file/d/18VhrEnr6P4i6FXpAvmBLn12dYFDN4J8a/view?usp=sharing

Atréveste a ler e a escribir co texto de SOPA DE NADA?
Poderedes invertar, crear diálogos, ilustrar, contar palabras, identificar palabras curtas e longas, gravar ou falar sobre o que estarían pensando as personaxes,...
SOPA DE NADA

jueves, 22 de noviembre de 2018

APRENDER CON EMOCIÓN

Para aprender ou querer aprender entran en xogo as emocións.
Para saber máis sobre o papel das emocións nas aprendizaxes deixamos a proposta de CÉSAR BONA
«Un viaje hacia la diversidad, una reflexión sobre el éxito, el fracaso y las expectativas que condicionan a niños, niñas y adolescentes y sobre cómo podemos darles la posibilidad de construir su propio futuro

REGRETEANDO

Hoxe a nosa proposta precisa dunha caixa con regretas


AUDIO

martes, 20 de noviembre de 2018

LENDO E ESCRIBINDO CON: A LÚA LADROA

https://drive.google.com/file/d/16egoQksyg1Nq8UPT_qm9arWgoINUGVax/view?usp=sharing
Iniciamos unha nova sección: LENDO E ESCRIBINDO COA LITERATURA.
Pretende ser un recurso que favoreza o desenvolvemento dos procesos lectores e escritores do alumnado. Ao mesmo tempo, promoverá a mellora de procesos psicolóxicos como a atención, a memoria ou a percepción.
Algunhas das secuencias son:
-inventar un novo título
-buscar palabras que complementen o título
-contar palabras de páxinas
-inventar o que poderían dicir,...

viernes, 9 de noviembre de 2018

LENDO TAMÉN NO OUTONO

O outono é tempo propicio para ler. Os días son máis curtos e fríos e temos que aproveitar o tempo para imaxinar, para soñar, para ....LER.
As propostas para os nenos e nenas de E. Infantil son:

As propostas de literatura para nenos e nenas de E. Primaria son:


As propostas para os adultos son:





miércoles, 7 de noviembre de 2018

IMOS DE CINE EN NOVEMBRO!


Nestes día de outono apetece estar disfrutando na casa de cine cos fillos e fillas.
As propostas para as nenas e nenos son:

 As propostas para adultos son:





lunes, 5 de noviembre de 2018

CALENDARIO COMPETENCIAL MES DE NOVEMBRO


Xa estamos en novembro!
Nos calendarios do mes de novembro de E. Infantil e E. Primaria atoparedes propostas de lectura e de cine para adultos e para nenas e nenos.
Se queredes que os vosos fillos e fillas sexan mooooiiii competentes poderedes realizar con eles: poemas, rimas, organizar o magosto, conversar e pensar en familia, elaborar a lista da compra, visitar recantos con encanto dos Concellos de Rodeiro, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño ou Silleda, etc.
Tamén aprenderedes xuntos a falar en inglés, a cantar en inglés e a mellora a fala. 
Non desaproveitedes a oportunidade de aprender xuntos.




CALENDARIO MES DE NOVEMBRO EDUCACIÓN INFANTIL
CALENDARIO MES DE NOVEMBRO EDUCACIÓN INFANTIL 1
CALENDARIO MES DE NOVEMBRO EDUCACIÓN PRIMARIA
CALENDARIO MES DE NOVEMBRO EDUCACIÓN PRIMARIA 1

CALENDARIO COMPETENCIAL MES DE OUTUBRO 2018



O CALENDARIO COMPETENCIAL DE OUTUBRO 2018 pretende axudar a desenvolver a competencia lingüística e tamén a intelixencia Lingüística verbal, a competencia matemática e competencia en ciencias e tecnoloxía xunto coa intelixencia lóxica-matemática,  dinamiza o aprender a aprender, estimula habilidades para ter iniciativa, etc.
Amáis visibiliza a necesidade de conversar, argumentar, reflexionar, valorar, interpretar, estimar,...
Coas propostas farase posible que existan situacións de aprendizaxes ricas, dinámicas, creativas, contextualizadas a modo de paisaxes de aprendizaxe.
Ten como temática de igualdade a visibilización das MULLERES  no eido da LITERATURA.
Existen propostas de lectura e de cine para nenas e nenos de E. Infantil e de E. PRIMARIA e para as familias.
Familias, desexamos que teñades nenos e nenas competentes!

OUTUBRO 2018
OUTUBRO 2018 2

CALENDARIO E. PRIMARIA

OUTUBRO 2018
OUTUBRO 2018 1