A editorial OQO e a RTVG ofrecen a posibilidade de disfrutar co cine de animación a través da colección CONTOS DO CAMIÑO.
Hoxe as proposta de cine son: A POTA QUE TROTA e A PRINCESA DO CAUREL
Con textos de M. Victoria Moreno teremos que localizar nomes de animais. Promóvese a escoita activa, a conciencia fonolóxica, a
percepción auditiva, a atención,...
Se queredes desenvolver a actividade deberedes escoitar un audio: AUDIO
Hoxe a nosa proposta para desenvolver a C. Lingüística e a I. Lingüística e verbal parte dun poema de MANUEL MARÍA titulado O ARCO DA VELLA do seu libro OS SOÑOS NA GAIOLA.
Promoveremos a escoita activa. Logo de escoitar esta poesía deberedes facer unha ilustración da mesma e escribir todo o que lembredes da poesía.
Tamén podedes contar as veces que se repite a palabra ARCO ou a palabra VELLA.
Con textos de M. Victoria Moreno teremos que localizar determinadas
palabras. Promóvese a escoita activa, a conciencia fonolóxica, a
percepción auditiva, a atención,...
Para desenvolver a actividade deberedes escoirta o texto: AUDIO
Con textos de M. Victoria Moreno teremos que localizar determinadas palabras. Promóvese a escoita activa, a conciencia fonolóxica, a percepción auditiva, a atención,...
Existen moitos estudios e investigacións relacionados con alumnado de altas capacidades.
A continuación, un estudio de JOAN FREEMAN que resulta muy interesante para poder tener criterios para toma de decisiones sobre medidas de respuesta a esta tipología de alumnos o alumnas.
Nesta proposta debemos facer pensar ao alumnado sobre a tipoloxía de froitas e as súas características. Temos unhas burbullas de pensamento onde se rexistrarán as semellanzas e outras burbullas onde se rexistran as diferenzas.
Amáis o alumnado terá que realizar unha gravación describindo os pasos realizados.
Presento unha experiencia creada por TERESA NEIRA do CEIP PÍO XII de SANTIAGO.
Titúlase ARTEMATICAMENTE.
Cos seus recursos disfrutaredes e aprenderedes sobre as posibilidades de integración das matemáticas e a arte contextualizado as aprendizaxes e facéndoas activas, creativas, globalizadas, interdisciplinares,...
Se queredes saber máis premede no seguinte enlace ARTEMATICAMENTE
A partir dos versos de M. Victoria Moreno, escritora homenaxeada o Día das Letras Galegas 2018, que aparecen no seu libro E HABERÁ TIRÓN DE ORELLAS? identificaremos que son os adxectivos e inventaremos moitos para atribuirlle á cadela ALMA.
Se queredes desenvolver a proposta deberedes escoitar o seguinte audio:
O Proxecto EDIA (Educativo, Digital, Innovador y Abierto)
de CeDeC promove e apoia a creación de dinámicas de transformación
dixital e metodolóxica nos centros para mellorar as aprendizaxe do alumnado e promover novos modelos metodolóxicos e de ensinanza nos centros educativos.
EDIA ofrece un banco de contidos educativos para Primaria,
Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional ligados a metodoloxías activas e ao fomento da competencia
dixital na aula.
O proxecto EDIA promove ademáis a creación de redes de profesorado
para favorecer a innovación na aula e a incorporación polos
docentes das tecnoloxías da educación e a información ao ensino.
Para saber máis debedes premer no seguinte enlace:
Para celebrar o día do libro facemos propostas de lectura sabendo con certeza que ler e ter entre as mans un libro desenvolve a imaxinación, a creatividade, a competencia lingüística, a atención,...pero tamén permite soñar, pensar.
Iniciaremos con propostas de poesía:
Propostas para ler e emocionarse:
A edit. KALANDRAKA fai as seguintes propostas:
Da Edit. OQO propoñemos:
Propostas de traballo:
escoitar un audio con textos e/ou parágrafos
escoitar un audio con versos de poemas
rescribir o texto
buscar a rima de cada verso
ilustrar
mesturar versos de varios libros e crear un poema loco e sen sentido
localizar protagonistas de libros
trocar o final por outro
identificare comparar títulos longos e curtos
localizar e comparar oracións longas e curtas
identificar e elexir as palabras que máis gustaron
A editorial OQO e a RTVG ofrecen a posibilidade de disfrutar co cine de animación a través da colección CONTOS DO CAMIÑO.
Hoxe as proposta de cine son: A VIAXE DAS BOLBORETAS e CHOCOLATA
Se queredes visionar estas curtametraxes de animación non tedes máis que "pinchar" nos seguintes enlaces: A VIAXE DAS BOLBORETAS CHOCOLATA
Hoxe o reto nesta sección é CONSTRUIR PALABRAS con sílabas.
As sílabas elexidas CA CO CU Se queredes desenvolvelo non tedes máis que premer no enlace do audio: CREANDO PALABRAS
A editorial OQO e a RTVG ofrecen a posibilidade de disfrutar co cine de animación a través da colección CONTOS DO CAMIÑO.
Hoxe as proposta de cine son: O SULTAN E OS RATOS e OLLOBRUSCO
Se queredes visionar estas curtametraxes de animación non tedes máis que "pinchar" nos seguintes enlaces: O SULTAN E OS RATOS OLLOBRUSCO
Hoxe a proposta de regretas vai encamiñada a traballar a regreta do 10, unha decena, e tamén a unión da regreta do 10 coa regreta branca, a regreta do 10 coa regreta vermella,...
Se queres facer este reto coas regretas debedes escoitar o seguinte audio: PENSANDO E RAZONANDO COAS REGRETAS
Hoxe a nosa proposta coas regretas é buscar diferentes formas de descompoñer o número 8 empregando as regretas. Para resolver este reto deben observar, analizar, aplicar e tamén aprenderán a colocar etiquetas de números, e a realizar operacións matemáticas cos datos obtidos. Promoverá este exercicio o cálculo mental.
Se queredes realizar este reto debedes premer no enlace do audio:
A editorial OQO e a RTVG ofrecen a posibilidade de disfrutar co cine de animación a través da colección CONTOS DO CAMIÑO.
Hoxe as proposta de cine son: TRES OSOS, SAL E AZUCRE
Se queredes visionar estas curtametraxes de animación non tedes máis que "pinchar" nos seguintes enlaces: TRES OSOS SAL E AZUCRE