Páginas

lunes, 29 de febrero de 2016

CONTO CON MOITO CONTO: A MÁSCARA DO LEÓN

Queredes acompañarnos a disfrutar da historia de A MÁSCARA DO LEÓN?

Temos propostas de lectura, para aprender e para escoitar.
PINCHA NA PORTADA E TERÁS TODAS AS PROPOSTAS  A TRAVÉS DUN POSTER DIXITAL
https://www.thinglink.com/scene/749221220506927104

Frederick

Libros para disfrutar, para soñar, ...
Contos con moito conto!
A continuación tes o conto de FREDERICK con varias propostas NUN POSTER DIXITAL:
LECTURA
PARA APRENDER
PARA ESCOITAR
AGORA SOLO QUEDA DISFRUTAR EN FAMILIA!


https://drive.google.com/file/d/0Bw7_gZOiaAIFczZhRzFnU3pYNHM/view?usp=sharing



viernes, 26 de febrero de 2016

DEIXATE ATRAPAR POR LIBROS PARA APRENDER

Tódolos libros propostos na sección poden ser atopados na BIBLIOTECA do centro como ESPAZO PARA A LECTURA, A INFORMACIÓN, A FORMACIÓN E AS APRENDIZAXES FAMILIARES.

Alá polo Nadal fixemos unha escolma de títulos para aprender XUNTOS SOBRE EDUCACIÓN, TANTO FAMILIAS COMO DOCENTES.
A sorpresa foi grata cando MARÍA FERREIRO, Directora do INSTITUTO DA CONDUCTA de Vigo propuxo onte na SESIÓN FORMATIVA algúns dos títulos que o centro ofertara en decembro.
Voltamos a recomendalos e agora con maior argumento:





Resumo da sesión formativa de MARIA FERREIRO





Onte día 25 de febreiro de 2016 iniciaronse as sesións formativas  da ESCOLA DE NAIS E PAIS  que o CRA MESTRA CLARA TORRRES diseñou e ofreceu ao CONCELLO de TUI para facer destas sesións algo compartido con todas as familias dos centros educativos de TUI. Estivo con nós MARÍA FERREIRO (Directora do INSTITUTO DA CONDUCTA de VIGO).
Temática: COMO FOMENTAR HÁBITOS DE AUTONOMÍA. NORMAS E LÍMITES
Cantas estratexias descubrinos con ela!
A continuación unha pequena escolma das súas palabras:


Deu comenzo facendo unha revisión por diferentes ESTILOS EDUCATIVOS DAS FAMILIAS

1.- Autoritarios: a actividade do neno vai a estar sometida a regras moi estrictas e frecuentemente  acompañadas dun componente incluso irracional e ás veces violento; a comunicación é baixa, así como as demostracións de afecto: na escola poden ser sumisos, obedientes e pouco agresivos, excesivamente tímidos e pouco persistentes nas tarefas ou polo contrario moi rebeldes e acostumados a reaccionar positivamente só diante do autoritarismo por castigos ou por violencia.  Teñen altos niveis de control e de esixencia de madurez e baixos niveis de comunicación e afecto explícito. Estes insisten na necesidade da obediencia a súa autoridade e son partidarios do uso do castigo. Os fillos destes pais adoitan ser: obedientes, ordenados e pouco agresivos pero tamén tímidos e pouco tenaces á hora de perseguir metas, debido a que teñen unha baixa autoestima e unha gran dependencia dos adultos

2.- Permisivos: Pouco control e bo nivel comunicativo e de manifestacións de afecto. O neno vai poder facer o que queira sen que teña a posibilidade de interiorizar normas de comportamento e de interacción xa que non existe na súa casa: normalmente esto crea problemas tamén na interacción no medio escolar porque son nenos impulsivos, con pouca resistencia á frustración, inmaduros e con problemas para asumir responsabilidades. Tamén son xeralmente máis vitais que os anteriores. teñen baixos niveis de control e de esixencias de madurez pero altos niveis de comunicación e afecto. Aceptan as conductas dos nenos, os seus desexos e impulsos e utilizan pouco o castigo, utilizan o razoamento pero rexeitan o control sobre o neno.

            Os fillos destes pais tenden a ter problemas para controlar os impulsos, non son capaces de asumir responsabilidades, son inmaduros e cunha baixa autoestima, pero tenden a ser máis alegres e vitais.

3.- Democráticos:, a combinación de cariño con esixencia no cumprimento de regras, a habituación a comportamentos sociais correctos (recoller os xoguetes, gardar os zapatos ete. etc.)  produce unha boa disposición para aceptar normas e para interaccionar de forma equilibrada cos demais. Non adoitan ceder a caprichos e a rabietas, pero si a razóns e argumentos. Ademais de ser afectuosos e tamén controladores, facilitan a madurez, a responsabilidade e a independencia do neno. Xeralmente son nenos cun bo nivel de autocontrol e de autoestima e preparados para asumir responsabilidades. presentan niveis altos en control, comunicación, esixencias e afecto. Non son permisivos, non se someten aos caprichos pero intentan entender o punto de vista dos seus fillo. Os fillos de pais democráticos son os que mostran as características máis desexables na nosa cultura. Teñen un nivel alto de autocontrol e de autoestima e adoitan ser persistentes nas súas tarefas.
ALGUNHA DAS PAUTAS BÁSICAS DE EDUCACIÓN EXPOSTAS FORON:
-non dar ordes contradictorias e de 1 en 1
-saber escoitar aos fillos e fillas ainda que esteamos cansos. Sempre debe existir no gogar tempos para escoitarnos pero unha escoita activa.
-castigar a mala conducta e nunca a súa personalidade
-non alabar en exceso e de forma gratuita
-non reforzar insistentemente os defectos
-manter a disciplina sempre e da mesma forma
-ser constantes e coherentes no establecemento de consecuencias de conductas negativas
-ter empatía
-centrarse no positivo
-enseñar aos fillos a ser RESILIENTES (Capacidade para aceptar dificultades e buscar solucións)
-establecer NORMAS E LÍMITES pois son necesarias para desenvolver estabilidade emocional e a seguridade
--dar máis premios afectivos que materiais
-aprender a falar en familia de emocións, de sentimentos
-compartir tempos de ocio
-nunca desautorizar ao outro proxenitor e menos diante dos fillos
-ter paciencia e calma
-manter a serenidade
-ton apropiado
-ser precisos e concisos
-procurar que os fillos e fillas coñezan cales van ser as consecuencias e telas claras sempre,...
Agora solo queda reflexionar, valorar, .....e aplicar!
Ánimo!
Pero xuntos mellor!