Páginas

domingo, 20 de diciembre de 2015

O PRACER DA LECTURA!

Estamos en Nadal e seguramente teremos que facer agasallos.
A continuación propostas de historias:









Agora solo resta disfrutalos!
Unha tarde de choiva acompañada vivindo outras historias!

PROPOSTAS PARA UNHA EDUCACIÓN CREATIVA E COMPETENCIAL


Polo Nadal tamén libros de Educación!
A continuación unha escolma de publicacións sobre educación que farán posible RE-PENSAR a Educación.
Solo nós podemos cambiala!
En primeiro lugar 4 propostas de JAVIER URRA que nos fará pensar, reflexionar pero tamén nos aportará estratexias para saber educar, para poder controlar as conductas disruptivas dos fillos, para saber tratar eses berrinches incontrolados,... e sobre todo debemos quedarnos coa premisa de educar na infancia para poder desenvolver unha adolescencia feliz.










HISTORIAS PARA AGASALLAR NO NADAL!

A continuación facemos unha proposta de lecturas que nos enseñan a ver con outros ollos, a ler con outras palabras.
Colección de historias con pictogramas realizadas por B.A.T.A. a partir de historias de Kalandraka

martes, 15 de diciembre de 2015

XOGAMOS!

Na infancia o xoguetes teñen un papel primordial no desenvolvemento afectivo, cognitivo, motriz,...dos nenos e nenas.

Os xoguetes permiten descubrir o mundo que o rodea para poder comprendelo e intervir nel dunha forma exitosa.

Os xogos e os xoguetes non teñen sexo polo que serven para nenas e nenos indistintatemente.

Cando se xoga aprendemos a relacionarnos, a expresar emocións e sentimentos, a ter autocontrol emocional,...

Para saber máis

Para ter información sobre xoguetes igualitarios premede no seguinte enlace


lunes, 14 de diciembre de 2015

UN POSTER DIXITAL CON MOITO CONTO

ACABA DE SAIR!
UN POSTER DIXITAL CO CONTO A BRUXA REGAÑADENTES!
UN CONTO PARA LER, UN CONTO PARA ESCOITAR, UN CONTO PARA APRENDER E ATOPAR TESOUROS.
https://www.thinglink.com/scene/730207243978407937

sábado, 12 de diciembre de 2015

ASOCIACIÓN NACIONAL SÍNDROME DE DELECIÓN 1p36

Hoxe nace en Tui a ASOCIACIÓN NACIONAL SÍNDROME DE DELECIÓN 1p36.
O tesón, esforzo, perseverancia e loita dunha familia doo CRA fai posible que se inicie esta andaina e que SEMPRE irá cara adiante pois o mellor sempre está por vir.
Presentarase un libro de receitas de cociña cuia recaudación irá para esta Asociacion.
"CUÑI" será ese benefactor que o fará posible.
Agora solo nos queda mercar o libro e, o máis importante, estar alí, dar o noso apoio, o noso sorriso, a nosa man.
Para saber máis

Outra información

viernes, 4 de diciembre de 2015

CALENDARIO COMPETENCIAL DE DECEMBRO

CALENDARIO COMPETENCIAL DE DECEMBRO
Derradeiro mes do ano.
As propostas son diversas, ani,adas, dinámicas,...
Cantas aprendizaxes compartidas coas familias!