Páginas

jueves, 29 de mayo de 2014

CALENDARIO COMPETENCIAL XUÑO



No calendario de XUÑO podemos atopar múltiples posibilidades para ser competentes na vida cotiá.
Este ámbito está pouco desenvolvido e, según os derradeiros informes PISA, todo un reto educativo de futuro.
· CONMEMORACIÓNS: DÍA DO MEDIO AMBIENTE (5)
· LITERATURA INFANTIL  PORTUGUESA: A GATA GATILDE- DEPRESSA,DEVAGAR-VERSOS QUASE MATEMÁTICOS
· LITERATURA PORTUGUESA PARA ADULTOS : ATÉ O FIM-OS PASSOS EM VOLTA-O DÍA DOS PRODÍGIOS
· PROPOSTA DE CINE EN FAMILIA: JUSTIN E A ESPADA DE VALOR, ESCAPE FROM PLANET EARTH

Algunha das propostas que facemos para a mellora das competencias básicas en familia e, polo tanto, incrementamos procesos como a memoria, razonamento, atención, discriminación, .....necesarios para O ÉXITO ACADÉMICO serían:
-FACER UN XANTAR FAMILIAR  NUNHA CONTORNA DE MONTE OU RÍO
-ENUMERAR OS NÚMEROS DE MATRÍCULAS DE COCHES
-VER UNHA PELÍCULA EN FAMILIA
-NARRAR SUCESOS QUE ACONTECERON DURANTE O DÍA AOS MEMBROS DA FAMILIA
-REVISAR A DATA DE CADUCIDADE DE ALIMENTOS
-CONVERSAR SOBRE RECORCOS AGRADABLES DA INFANCIA
-IR DE ANDAINA AO TRILHO DO MONTE FARO
-COMENTAR TAREFAS QUE SE REALIZARON DURANTE A SEMANA,...

DISFRUTADE EN FAMILIA!


RIDE EN FAMILIA!


LEDE EN FAMILIA!


VISIONADE CINE EN FAMILIA!



Para que o mes de maio estea a vosa disposición debedes premer no enlace de abaixo
https://www.dropbox.com/s/4gy7nt593higc9x/XU%C3%91O%2014_2.pdf


 

miércoles, 28 de mayo de 2014

DEIXATE ENGAIOLAR POR





Este mes a sección "ENGAIÓLATE" ofrécevos a posibilidade de CAZAR UN TESOURO PATRIMONIAL na eurocidade TUI -VALENÇA.
Deixémonos emocionar cunha andaina polas rúas de Tui.
Durante  o paseo descubriremos un convento e se temos os ollos ben abertos fermosas vistas para o río Miño que nos acompaña en moitos momentos do seu percorrido cara ao MAR.
Os vosos pés descubrirán o pasado e o presente desta cidade para que xuntos podamos construír un futuro sostible, respectuoso co patrimonio.

Disfrutade!

miércoles, 21 de mayo de 2014

CAZA TESOUROS NA BIBLIOTECA

Hoxe este alumnado andivo creando contidos para un proxecto. Partiron da sposibilidades da biblioteca como lugar de información, de coñecemento, de aprendizaxe. Andaban na procura de prendas de vestir: cores, tamaños, tipos,... Non vexades a cantidade de información que atoparon! se queredes comprobalo premede no seguinte enlace: Cazamos tesouros nos libros da biblioteca on PhotoPeach

martes, 20 de mayo de 2014

XA TOCA CINE!

A proposta de cine en FAMILIA para este mes é ampla.
Agora toca o disfrute co cine de animación feitos e creado polos cativos dentro da proposta NÓS TAMÉN CREAMOS.  O CRA Mestra Clara Torres tamén ten creacións.
http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos/cra-mestra-clara-torres-a-escaleira
 http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos/cra-a-lagoa
http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos/ceip-plurilinguee-san-xoan-de-filgueira
http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos/ceip-victor-lopez-seoane
http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos/ceip-victor-lopez-seoane
http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos/ceip-a-gandara

As longametraxes que vos farán pasar unhas animadas e creativas xornadas en familia son:



Como sobremesa a película do tudense ROQUE CAMESELLE onde TUI vive en cada fotograma.
O Pequeño Mago conta as azarosas e intrépidas aventuras de Bieto Dubidoso, quen declárase prestidixitador e non feitizeiro; quen na compaña da súa inseparable amiga Destreza emprende unha infatigable loita contra a superstición e o atraso, representados polo bispo Juan dono e señor da cidade galega de Tui.

Outras películas de animación producidas pola Editorial OQO son.
A POTA QUE TROTA
https://www.youtube.com/watch?v=i-7tNY-AayQ

FIZ O COLECCIONISTA DE MEDOS
https://www.youtube.com/watch?v=M8PohQv_iBk

OS SETE CABRITOS
https://www.youtube.com/watch?v=W4xay3-msWQ


A DISFRUTAR DA MAXIA DO CINE!
 

sábado, 17 de mayo de 2014

17 MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS



É o día das nosas letras, pero sempre é o día das nosas letras en galego.
Galego para falar, galego para sentir, galego para amar, galego para comunicar, galego para bailar,..
Pero o galego tamén  serve para pensar, razoar, discriminar, escoitar, comprender.
Este ano adícase ao poeta XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO:

Xosé María Díaz Castro (1914-1990) é autor de Nimbos (1961) considerada un dos cumes da poesía galega moderna, e que contén o poema "Penélope" xustamente celebrado pola súa beleza e fonda reflexión sobre Galicia e o seu fado histórico. É o creador dunha obra singular e de aparición serodia que destaca polo seu virtuosismo técnico.

Membro, xunto con Leiras Pulpeiro, Noriega Varela, Álvaro Cunqueiro e Iglesia Alvariño entre outros, da chamada "escola mindoniense", Díaz Castro mantivo ao longo de toda a súa vida, e malia súa condición de funcionario residente en Madrid, un fondo compromiso coa cultura galega do seu tempo.
Queremos compartir unn fermoso poema adicado a unha herbiña, á herba do campo: ESMERALDA cheo de fondo sentimento de pertenza á terra, á súa terra.
A súa obra está vencellada a Galiza e está preñada de beleza, de sensibilidade.Ten un aprezo pola vida sinxela, auténtico, sinceiro, amando cada terrón, cada folla, cada río ou regato,...

ESMERALDA
Herba pequerrechiña
que con medo surrís
ó sol que vai nacendo
e morrendo sen ti,
¿por qué de ser pequena
te me avergonzas ti?
o universo sería
máis pequeno sin ti.
Premede nos seguintes enlaces para coñecer diferentes materiais relacionados co poeta e a súa obra:
https://www.youtube.com/watch?v=kQKUCvjHpTE#t=25
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/

jueves, 15 de mayo de 2014

15 DE MAIO: DÍA INTERNACIONAL DA FAMILIA

Hoxe 15 de maio celébrase o Día Internacional da Familia. Dende o centro queremos significar a importancia das familias na vida dos seres humanos. 
Convidámosvos a ler cos vosos fillos a historia de DANIELA KULOT titulada UNHA FAMILIA NORMAL que trata dunha parella que como tantas outras parellas que se queren, tiveron fillos: Croquila, unha cría de crocodrilo, e Rafolo, un bebé xirafa. Xuntos, forman unha familia normal e corrente.Pero unha familia un pouco especial... 

Na actualidade o cotián do termo familia, e o seu uso habitual e frecuente, dificultan a análise polisémica do mesmo.
Hoxe en día e debido aos procesos e cambios sociais podemos atoparnos con diferentes tipos de familia e asi temos:
  1. Familia extensa: padres, madres, abuelos, tíos…
  2. Familia nuclear: padre, madre e hijos/as biológicos.
  3. Familias monoparentais.
  4. Familias homoparentais.
  5. Parellas de feito o cohabitación
  6. Familias reconstituidas ou ensambladas.
Se temos en conta a procedencia dos sus membros, podemos distinguir os seguentes tipos de familias:
  1. Familias biolóxicas
  2. Familias adoptivas e acolledoras
  3. Familias inmigradas
 O substantivo familia, de orixe latina, deriva do termo <famulus> que ten a acepción de servidor, pero non era utilizado con esa significación senón como o conxunto de escravos e servidores que vivían nunha casa. Máis tarde designaba a tódalas persoas que vivían baixo o mesmo teito: señor e muller, fillos e criados baixo a dominación do señor. Por extensión serven tamén para designar ós parentes paternos <agnati> e parentes maternos, <cognati> e convértense en sinónimos de <geus> que significa descendentes dun antepasado, ou parentes consanguíneos.
  Outra división interesante e que pon de manifesto que as familias poden ser por vínculos biolóxicos ou tamén por outro tipo de vínculos como coidado, acollemento, sentimentos, etc. está referenciada abaixo:

LAZOS BIOLÓXICOS:
 -Nuclear: formada polo pai, nai (ou do mesmo sexo) e os fillos, adoptados ou biolóxicos. 
-Extensa: formada polos pais e nais (ou do mesmo sexo) e mailos netos e parellas dos fillos. Ademais existe a posibilidade de convivencia de parentes solteiros ou avós e avoas. Aquí existe unha gran riqueza interxeracional.
- Orixe: familia na que se nace e da que se procede. 
- De procreación: familia constituída coa parella e os fillos.
 VÍNCULOS FAMILIARES:
-Familia educadora: familia que coida e educa a membros doutra familia.
- -Familia adoptiva: familia que ten ós seus fillos a través da adopción ou o acollemento.
 ESTRUCTURA:
 -Nuclear intacta: parella con fillos.
--Horizontal ou reconstituída: a que se refire a novas relacións logo de separación, viuvez ou separación.
--Monoparental: nai ou pai cos fillos. Existen algunhas problemáticas  asociadas a este tipo pois polo desempeño de dous roles e a compatibilización de traballo no fogar e fóra del (sobre todo para as mulleres).
 -Pluriparental: formada pola unión de unha ou dúas persoas divorciadas ou separadas ás que se engaden os fillos das anteriores unións e os das actuais. Os problemas asociados estarían na complexidade de relacións das redes de parentesco e na ambigüedade dos novos papeis.
 -Persoa soa: persiguen a mellora persoal e profesional pero esta decisión pode ser por elección ou por circunstancias. Existen persoas soas que pasaron anteriormente por situacións de divorcio, separación, viuvez, etc.
 -Homosexual: falta uns dos modelos parentais, esixe unha maior tolerancia e aceptación social e resulta preciso a implantación de medidas lexislativas para a súa regulación.
 -De Feito: vínculos afectivos pero non legais. A decisión é tomada por  ideoloxía, por cuestións económicas ou sociais. É posible que regularicen a súa situación ou non, é decisión e convicción persoal.
 -Sen fillos: resulta dunha decisión persoal (pois aínda que exista unha imposibilidade de tipo biolóxico existen outras vías) motivada polo feito de ter maior liberdade, mellor promoción persoal e profesional da parella e maiores oportunidades sociais.

 Fagamos unha introspección e descubramos o valor da nosa familia. Como nos relacionamos? Como nos falamos? Como nos comunicamos? Como nos queremos? Como demostramos os nosos afectos?

lunes, 12 de mayo de 2014

ACOMPAÑAME A APRENDER! O ESFORZO E OS HÁBITOS DE TRABALLO NON FALADOIRO


ACOMPÁÑAME A APRENDER!
Venres día 9 na aula de Baldráns, ás 18,30 horas temos UN FALADOIRO COMPETENTE.
Un mes máis acompañamos ás FAMILIAS e a CIDADANÍA a aprender.
Nesta ocasión temos a sorte de contar cunha PEDAGOGA de RENOME que fala dende a práctica, dende o coñecemento do alumnado. Esta persoa é MARGARITA VIÑAS NEIRA (foi directora do COLEXIO MARTÍN CÓDAX ata a súa xubilación). É unha gran experta en educación e baixo un prisma diferente: atender ás necesidades do alumnado, promover o interese, o entusiasmo por aprender a través dun folleto, dun álbum de cromos, dun xoguete, dun xornal,...
Ás veces afirmar que o alumnado non ten atención pode enmascarar outras moitas situacións: non sabemos motivar, non sabemos crear  o interese, os contidos non están ben secuenciados, non damos voz ao alumnado, non especificamos ben o que queremos que aprendan,...
TATÁ (como é coñecida no eido educativo) é unha CAIXA DE SORPRESAS.



Algunha das cuestións relevantes que MARGARITA VIÑAS  estivo a a disertar coas familias son:
-cada criatura ten o seu propio ritmo de desenvolvemento e os adultos temos que estar aí: amosando o camiño, dando estratexias para que eses ritmos sigan camiñando de forma existosa, favorecendo e creando situacións de aprendizaxe na contorna familiar que pouco a pouco irán formando parte do seu universo relacional e conductual: recoller os xoguetes, por a mesa, recoller a roupa no seu cuarto,...
Por outro lado, insistiu MOITO en que debemos DAR ESES TEMPOS para que todo se vaia acoplando, "andamiando" . A premisa é que cada SER HUMANO é DIFERENTE, cada neno ou nena son diferentes e non podemos comparar. O profesorado debe ter isto presente e non serve o de "café para todos" pois este café pode ser:
-con leite
-amaericano
-manchado,...
Os ingredientes do éxito educativo, do éxito para a vida deben desenvolverse dende a infancia pero atendendo á DIVERSIDADE DE INTERESES, MOTIVACIÓNS, CAPACIDADES, HABILIDADES,...
A atención. a memoria, a percepción, o razonamento,... deben ir traballándose pero sen "agobiarse".
É certo que moitos nenos teñen moita memoria, moita atención  pero outros precisan máis tempo para desenvolver estes procesos cognitivos.
 Debemos ser constantes, perseverantes, consecuentes,... e MOITO SENTIDO COMÚN.

DEMOS TEMPOS! 
DEMOS ESPAZOS!
DEMOS SORRISOS! 

jueves, 8 de mayo de 2014

DEIXATE ATRAPAR POLAS PROPOSTAS LITERARIAS DE DANIEL DOMÍNGUEZ

Tódolos libros propostos na sección poden ser atopados na BIBLIOTECA do centro como ESPAZO PARA A LECTURA, A INFORMACIÓN, A FORMACIÓN E AS APRENDIZAXES FAMILIARES. 

 

Unha nova etapa na sección de DEIXATE ATRAPAR POR.....
Nesta parada acompáñanos DANIEL DOMÍNGUEZ, guionista, director e MESTRE.
É un gran lector e xa o era dende cativo. As persoas que o coñecen sempre o lembran (ou lembramos) cun libro nas súas mans: na beira do río Miño, nas corredoiras coidando de que as ovellas non fuxiran, na libraría de Paquita Vaquero,...
A posta en escea das súas lecturas foron levadas ata as derradeiras  consecuencias (para que a súa irmá tivese certo parecido coa XOANA DE ARCO cortoullelas trenzas). Tódolos membros da familia conformaban unha compañía de teatro para dar VIDA ás historias agochadas nas páxinas dun libro.
Tui e a súa aldea Areas  forman parte do seu imaxinario persoal.
 Da man da súa nai iniciouse no fermoso camiño da lectura e da escritura ( cantas cartas escritas ao seu pai!) e eses momentos convertíanse nun RITUAL de MAXIA, COMPLICIDADE, DE ORDE E  LIMPEZA, DE ESTRUCTURACIÓN,...
Para coñecer como eran aqueles momentos premede no seguinte enlace:
 http://www.laescueladelosdomingos.com/2013/11/las-primeras-letras.html
Tal é  a súa pasión pola lectura que identifica as rúas das cidades e pobos pola ubicación das librarías.

Os títulos elexidos son:
    
El monstruo de colores de Ana Llenas editado por Flamboyant.
Un conto que explora as emocións e os sentimentos que nos orixinan.
Unha nena axuda a un monstruo a entender as emocións a través dos colores.
Un libro estupendo para ler e mirar cos picariños. Para que nos conten cándo experimentaron as emocións que vai debullando o conto e qué sentiron por dentro.Pero tamén para que partillemos con eles cómo vivimos a rabia, a alegría, a tristeza...
Porque convertir as emocións nun conto –no noso conto- é o primeiro paso para comprender cómo sentimos –algo que non podemos evitar- e para controlar os seus efectos –algo que si podemos aprender-.
Podemos orientarnos coa guía de lectura que nos ofrece a modo de caza tesouros na historia:
Ilustradora, diseñadora gráfica y directora de arte, escribe e ilustra El monstruo de colores, su primera obra para niños. Un cuento para explorar las emociones a través de los colores y para descubrir los colores como pintura de las emociones, donde una niña le sirve de guía al monstruo para aclararse con las emociones y los colores.
Antes de leer
Exploramos con los niños situaciones donde las emociones se confunden, donde –como el monstruo- se hacen un lío y ya no saben lo que sienten. El maestro puede compartir con ellos situaciones que vivió de niño, por ejemplo qué sintió aquel día en que sus padres no lo llevaron con ellos al cine y lo dejaron en casa con los abuelos… Todos pasamos por momentos en que no nos aclaramos con nuestras emociones.
Comprensión
Marca la respuesta correcta:
¿Cómo sabe la niña que el monstruo se ha hecho un lío con las emociones?
o   Porque lo encuentra llorando
o   Porque no quiere hablar con ella
o   Porque lo ve con todos los colores mezclados

¿Cómo quiere la niña ayudar al monstruo?
o   Lo lleva al baño para que se lave
o   Le propone ordenar cada color con la emoción que le corresponde.
o   Le da un pincel para pintarse otra vez

¿Cuándo el monstruo está triste se ve..?
o   Azul
o   Amarillo
o   Verde

¿Y cuándo siente mucha rabia..?
o   Negro
o   Verde
o   Rojo
Después de leer
Un arco iris de las emociones: escribe sobre cada color la emoción que le corresponda.

Tristeza          Alegría                       Rabia             Calma


Dibújate y píntate en estas situaciones con el color de la emoción que sientes:
Ø  Te castigan sin el ordenador.
Ø  Vas a visitar una exposición de dinosaurios
Ø  Tu mejor amigo de clase se cambia de colegio

A proposta para os adultos céntrase na obra de MÉNDEZ FERRÍN, Arraianos

Ferrín é un dos grandes da literatura galega; non de hoxe, de sempre. Da su man saíron os mellores contos da nosa narrativa. Algúns deles podedes atopalos en Arraianos(un libro que teño visto en tenderetes dos mercadiños por un euro); poñamos por caso o primeiro conto, Lobosandaus, unha xoia da literatura universal. Ou Botas de elástico. Ou… ¿Sabedes? Se fose vós, tamén lería Fría Hortensia (en Amor de Artur), ou O Suso (en O crepúsculo e as formigas)…
E xa quecidos, non me conformaría cos seus contos e entraríalle á poesía, Con pólvora e magnolias, sobra dicilo, pero tamén Estirpe; aquí vai un pequeno poema deste último –feliz festa do idioma-, que tamén pode lerse como un fermoso conto segredo:
 Daquelafoi cando o patrón da lancha xeiteira / ordenoulleaoshomes ciar todo de couso, / pero isto é unhaestoria de arroaces insomnes / que inda non foi contada nas tabernas de Cangas. //  Entrementres / tatexan as palpas co ademán políglota das bandeiras.
Disfrutade da lectura!
Contaxiémonos da súa pasión lectora!

martes, 6 de mayo de 2014

CONTACONTOS CREATIVOS! GATO GUILLE E OS MONSTRUOS




O venres día 9 de maio teremos outra sesión de CONTACONTOS CREATIVOS na aula de BALDRÁNS, ás 18,30 horas. As familias e o alumnado serán os protagonistas.
A proposta literaria é GATO GUILLE E OS MONSTRUOS
Parece unha historia de medos pero nada é o que parece.
A continuación tedes o enlace da guía de lectura.
Outra proposta literaria para as nenas e nenos é: AS CORES DO ARCO DA VELLA
Conto bilingüe narrado polo alumnado do Colexio MARTÍN CÓDAX.
Unha colaboración INTERCENTROS
Para poder escoitalo e disfrutar coas imaxes premede no seguinte enlace:

Que tarde máis MONSTRUOSA co GATO GUILLE:
Comprobade o ben que o pasamos:

Mauro tiña unha vestimenta moi axeiatada para a temática do conto!


Crearon diferentes monstruos. Que de monstruos!













E para rematar un obradoiro de maquillaxe coa profesora FÁTIMA para converterse en gatiños, gatiñas, leóns, monstruos, cans,...



Os participantes demandaron o visionado da película MONSTRUOS S.A. e xa estamos a traballar para o vindeiro sesión que se denominará CONTACONTOS DE CINE!

viernes, 2 de mayo de 2014

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

O 23 de abril celebrouse o día Internacional do Libro e no centro durante todo o mes andivemos a darlle valor aos libros e a lectura:
-participamos na Proposta municipal de Eurocidade TUI LE
http://bibliotecamestraclaratorres.blogspot.com.es/2014/04/celebracion-do-dia-internacional-do.html
-descubrimos outros libros noutra lingua: O Portugués nun intercambio de libros con Valença.
http://bibliotecamestraclaratorres.blogspot.com.es/2014/03/trocamos-libros-coa-biblioteca-publica.html
-fixemos propostas literarias
http://bibliotecamestraclaratorres.blogspot.com.es/2014/03/novidades-biblioteca-marzo.html
Tamén o queremos celebrar a través de compartir unha historia realizada por outro centro educativo a modo de ACTIVIDADE INTERCENTROS (CRA MESTRA-CLARA TORRES-COLEXIO MARTÍN CÓDAX)
https://www.youtube.com/watch?v=4sCTpmFVF7I&feature=youtu.be