Páginas

lunes, 31 de marzo de 2014

CALENDARIO COMPETENCIAL ABRIL




No calendario de abril  Valença do Minho fará propostas de cine e literatura.
Neste mes poderemos disfrutar das vacacións de SEMANA SANTA :
TUI: 17-21 ABRIL
VALENÇA: 5-21 ABRIL

·         CONMEMORACIÓNS: DÍA DA SAÚDE (7)  SEMANA DO LIBRO (12-30) 
·         LITERATURA INFANTIL EN PORTUGUÉS: "O MEU AVO”, “LIBRO DOS MEDOS”, “O CUQUEDO”,
·          LITERATURA PARA ADULTOS EN PORTUGUÉS:  “NO MEU PEITO NAO CABEM PÁSSAROS”, “TANTA GENTE MARIANA”, “CONTOS VAGABUNDOS"
·         PROPOSTA DE CINE EN FAMILIA: “GRU 2”, “TURBO”,"RAIN DE ALMONDEGAS (LLUVIA DE ALBÓNDIGAS)

Algunha das propostas que facemos para a mellora das competencias básicas en familia e, polo tanto, incrementamos procesos como a memoria, razonamento, atención, discriminación, .....necesarios para O ÉXITO ACADÉMICO serían:
-COMENTAR UN SUCESO QUE PRODUZA MEDO
-CONTAR UN CONTO INVENTADO OU XA LIDO
-VISITAR RECURSOS PATRIMONIAIS DO CONCELLO DE TUI: ROTEIRO POR MUIÑOS DA ZONA, IGREXA DE SAN TELMO, VISITAR A IGREXA DE SAN TEOTONIO (VALENÇA), ANDAINA POLA FORTALEZA DE VALENÇA IDENTIFICANDO PONTES, PASADIZOS,...
-PASAR A FREGONA NA COCIÑA E NO BAÑO
-ESCRIBIR UNHA RECEITA CON PEIXE
-FREGAR OS PRATOS E OS DENTES COA BILLA PECHADA

DISFRUTADE EN FAMILIA!


RIDE EN FAMILIA!


LEDE EN FAMILIA!


VISIONADE CINE EN FAMILIA!



Para que o mes de abril estea a vosa disposición debedes premer no enlace de abaixo
https://www.dropbox.com/s/7ouf0j1408kppi1/ABRIL%2014_2.pdf


viernes, 28 de marzo de 2014

DEIXATE ENGAIOLAR POR.....UNHA FAIA NO PARQUE NATURAL DO MONTE ALOIA

Este mes a sección "ENGAIÓLATE" ofrécevos a posibilidade de coñecer un recurso patrimonial natural da eurocidade TUI -VALENÇA.
 Deixémonos emocionar cunha andaina polos carreiros do Parque Natural do Monte Aloia. 

http://www.turgalicia.es/parque-natural-monte-aloia-presentacion
http://redy.fotolibre.net/2010/04/20/monte-aloia/
Se as condicións climatolóxicas volo permiten deberedes atopar a localización real que aparece na seguinte fotografía.  Aí van pistas para  búsqueda do tesouro:

  1. Teremos que desprazarnos ata FRINXO (PAZOS DE REIS) e seguimos dirección MONTE ALOIA
  2. Ao pasar a aldea atoparemos unha curva á dereita e outra a esquerda.
  3. A man esquerda da estrada ollamos para unhas pedras que pechan un paso.
  4. Ese punto será o inicio da nosa búsqueda do tesouro. Adéntrate e déixate acompañar polos arrolos da auga, dos paxaros,...e cara ao fondo e, se tes os ollos moi abertos, atoparás a fermosa FAIA do Monte Aloia.

Agora disfruta da contorna, reláxate, pensa, sente, vive, revive,...
É o teu momento, non o estragues.
Pode converterse no teu espazo "máxico", reparador de pensamentos, sanador do corazón.

miércoles, 26 de marzo de 2014

UNHA NOVA VIDA PARA... AS TÚAS PRENDAS DE VESTIR (VOZ NATURA)

A sostibilidade, educación ambiental o consumerismo forman parte de ingredientes esenciais e claves para a conservación do planeta, para a mellora da vida.
No noso planeta de TUI  queremos desenvolver actitudes proambientais e proconsumeristas a través da campaña DALLE VIDA Á TUA ROUPA. Con ela pretendemos REUTILIZAR as prendas para que cobren novas vidas e anden outros camiños.
 


O vestiario forma parte das nosas vidas pero, as veces, convértese nun artigo de luxo para algúns seres humanos. Por este motivo, resulta  importante crear conciencias e hábitos solidarios entre o alumnado e familias. Aquelas prendas que están nos nosos armarios sen uso poden cobrar unha segunda vida, unha segunda oportunidade no corpo doutras persoas.

Facemos un convite a participar nesta acción solidaria  ás familias e cidadanía. Aquelas persoas que o desexen poden axudarnos a embalar, etiquetar,....no centro de operacións da AULA DE PONTE INTERNACIONAL en horario de 9-14 horas.
Tódalas prendas que se recollan no centro deberán ser prendas de vestir en moooooi bo estado de conservación.
As prendas que pasen o "filtro" recibirán un proceso de lavado, pranchado, etiquetado e empaquetado. 
As prendas levarán unha etiqueta creada polo alumnado co seu prezo: 1 kg de comida, 2 kg,…dependendo da talla, tecidos, tipo de prenda,… 

As prendas de vestir serán trocadas por alimentos non perecedeiros en varios mercadillos solidarios.
Os alimentos serán entregados a CÁRITAS E S.O.S. BAIXO MIÑO
http://www.caritas.es/tuivigo/ 
https://www.facebook.com/sostomino.sostomino.3 
Tódalas persoas que o desexen poden axudarnos na montaxe deste "TENDERETE SOLIDARIO"

ANIMÁDEVOS A DAR NOVAS OPORTUNIDADES DE VIDA ÁS PRENDAS DE VESTIR! 

DATAS DO MERCADILLO SOLIDARIO: xoves 10 de abril e 22 de maio.


miércoles, 19 de marzo de 2014

HOXE XOGAMOS NO FALADOIRO?

O XOGO COMO ESTRATEXIA NA ATENCIÓN TEMPERÁ (J. SURÍA MÁRQUEZ)
LUGAR: AULA DE BALDRÁNS, 29 MARZO 19 HORAS

A importancia do xogo e dos xoguetes está en que permiten o desenvolvemento físico, mental, social e emocional de cada neno ou nena.
Suprimir o xogo e os xoguetes na infancia ten consecuencias graves para o seu desenvolvemento COGNITIVO, AFECTIVO E EMOCIONAL e para o seu comportamento na idade adulta.
Os xoguetes estimulan a comunicación en tanto en canto a que serven para a evolución social, individual e social.
Xogar con xoguetes é un medio imprescindible para promover e favorecer a educación das emocións, dos afectos (cando expresa emocións e sentimentos) a fantasía, creatividade, linguaxe, articulación, as relacións, a discriminación visual, desenvolvemento do control corporal, relación no espazo, o xogo simbólico, aprendizaxe de roles, a imaxinación infantil entre outros moitos aspectos.
Existen xoguetes para todas as idades e fases de desenvolvemento das persoas. Favorecen as relacións comunicativas na vida familiar e resulta importante que as nais e pais non deixen solos aos seus fillos e fillas nos momentos do xogo, pois é neses momentos onde exteriorizan a súa impresión do mundo real e da contorna que os rodea. Por iso involucrarse nos seus xogos reforza a relación afectiva entre nais e pais.

Durante o xogo compartido cos adultos e con outras nenas e nenos favorece que aprendan a negociar, consensuar, tomar decisións, ceder e compartir responsabilidades.

Outro aspecto relevante é ensinarlle a gardar os xoguetes despois de usalos e hai que colaborar con eles nesta tarefa. Inventar xogos con eles e amosarlles os nosos xogos favoritos da infancia resulta imprescindible para crear vínculos afectivos con eles.
Co xogo as nenas e nenos asimilan os valores da familia. Amáis os xoguetes promoven que a nena ou neno domine, autorregule e controle a súa conduta, aprenda as regras da sociedade e, en definitiva, acade pouco a pouco o desenvolvemento da autonomía,  vontade,  autocontrol  e sexa quen de expresar os seus sentimentos.




Se precisades máis información premede no seguinte enlace
https://www.dropbox.com/s/fv6zfyx29cr34s8/XOGO%20E%20XOGUETES.docx

martes, 18 de marzo de 2014

OUTRAS OLLADAS... DE CINE



Alguén me falou estes días do traballo que un profesor de Historia está a desenvolver co seu alumndo. ("Vaia sorpresa! Pero se é Manolo!")
Existen moi poucas persoas que poderían xunguir e facer unha simbiose pefecta entre CINE E EDUCACIÓN e, unha delas, é Manuel González (referente en Galicia cando de cine se fala).
Durante uns días mergulleime nel e o principio educativo de "aprender facendo" e "aprender vivenciando" cobra un significado especial neste proxecto.

É bastante habitual, en conversas de docentes, escoitar que o alumnado está desmotivado, non ten interese, non quere aprender,...

Os tempos mudaron e, polo tanto, tamén mudaron  as formas de pensar, de procesar información,... O noso alumnado é un alumnado "nativo dixital"http://www.marcprensky.com/writing/Prensky-NATIVOS%20E%20INMIGRANTES%20DIGITALES%20(SEK).pdf)  polo que esa ferramenta ou recurso poder ser o elemento conductor de aprendizaxes pero empregado de forma creativa, reflexiva, crítica,...Por este motivo, as formas de ensinar deben mudar, deben "re-pensarse", deben "re-crearse".
No noso alumnado existe xa unha "lingua dixital" totamente incorporada á súa vida e este feito é unha realidade. Manexan a hipertextualidade, redes sociais, MTV, videoxogos, dispositivos móbis,...polo que é urxente un troco nos modelos de ensinanza e de aprendizaxe.
O cine pode ser o  recurso "máxico" (si hai receitas máxicas en educación) para traballar calquera contido curricular e o recurso motivador e ilusionante para aquel alumnado que non quere aprender.
A literatura, as linguas, a pintura, a escultura,...pode ser descuberta a través do cine.
Un exemplo pode ser o cine de animación de Petrov onde se visibilizan recursos pictóricos de Turner, Goya, Munch, Manet, Velázquez, Van Gogh,...e diversidade de recursos escultóricos.
http://www.youtube.com/watch?v=pa_RoSVFoFM  
http://www.youtube.com/watch?v=k8eimDwXAik 
http://ibdigital.uib.es/greenstone/collect/memoriesUIB/import/Sousa_Dominguez_Belen.pdf

De igual maneira, a historia do vestiario ao longo da historia pode ser estudiada perfectamente e de forma creativa a través de diferentes films. Outro referente importante é CLIPHISTORIA onde se plasman as posibilidades do ensino da Historia de España, de Galicia, ....a través de olladas cinematográficas. No espazo CLIPHISTORIA as temáticas históricas son: muller, educación. arte, literatura,...
Para saber máis premer no seguinte enlace

EU AFORRO,...E TÍ? CONSUMO RESPONSABLE DE AUGA (VOZ NATURA)






UNHA PINGA DE AUGA, UN TESOURO A CONSERVAR!


O CRA MESTRA CLARA TORRES CONVÍDAVOS A PARTICIPAR NUNHA CAMPAÑA DE EDUCACIÓN AMBIENTAL QUE PROMOVERÁ O CONSUMO RESPONSABLE DE AUGA xa que o día 22 de marzo celébrase o Día Mundial da Auga  como medio de chamar a atención sobre a importancia da auga doce e a defensa da xestión sostible dos recursos de auga doce. A sostibilidade e os valores ambientais constitúen aprendizaxes básicas e clave para a vida.

Existirán diferentes actuacións que as familias e a cidadanía pode desenvolver tendo en conta os LEMAS da campaña:
  •  SE AUGA QUERES AFORRAR USA A DUCHA PARA TE BAÑAR.
  •  PARA AUGA AFORRAR UN VASO DE AUGA NADA MÁIS PARA OS DENTES CEPILLAR
  • SE AUGA QUERES AFORRAR ASPERSORES PARA REGAR USARÁS
  • SE AUGA QUERES AFORRAR POLA FRESCA REGARÁS
  • A LAVADORA ENCHERÁS SE AUGA QUERES AFORRAR.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR E CIDADANÍA ACTIVA E RESPONSABLE SERÁS!!